lunes, 22 de diciembre de 2014

Recortes ao sol

Non nos esquecemos dos "recortes ao sol". Por unha vez na primeira cadea española, fan referencia á desfeita destes anos. 
   



                        style="height:20px;width:auto;background: transparent;padding:0;margin:0;"
                src="http://img.irtve.es/css/rtve.commons/rtve.header.footer/i/logoRTVEes.png">
            style="color:#333;font-weight:bold;" title="Repor - De espaldas al sol - avance"
            href="http://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/repor-deespaldasalsol-21122014ok-avance/2917771/">Repor - De espaldas al sol - avance



sábado, 6 de diciembre de 2014

Novos peaxes de acceso

CAMBIOS NAS PEAXES DE ACCESO 

Ven de publicarse no BOE, a CIRCULAR 3/2014 de 2 de xullo, da CNMC, pola que se establece a metodoloxía para o cálculo das peaxes de acceso á rede.

Non é obxecto deste artigo analizar dita metodoloxía, que está cargada de aspectos técnicos e políticos, senón a de dar conta doutros aspectos moito máis relevantes para os consumidores, polo menos, nun primeiro termo.

Esta Circular vai ter unha importante influencia nas subministracións de electricidade, especialmente nalgúns usuarios como os actuais accesos 3.1A de alta tensión, isto é a empresas con consumos elevados, e moitos servizos públicos, como a depuración de augas, ou grandes bombeos.

CHANZOS DE TENSIÓN E POTENCIA

Actualmente o REAL DECRETO 1164/2001, de 26 de outubro, polo que se establecen tarifas de acceso ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica. 
A circular 3/2014 modifica estas, do seguinte xeito:




O cambio máis importante é a desaparición dos accesos 2.1A e 3.1A, para pasar a 2.0TD e 6.1TD respectivamente. Todos aqueles servizos con potencia inferior a 450 kW en alta tensión, pasan a ser 6.1TD, tarificando en seis períodos.

PERÍODOS HORARIOS

Os diferentes períodos establecidos para facturar potencia e enerxía activa, establecéronse na Orde ITC 2974/2007 de 27 de setembro con algunha modificación posterior, principalmente na ORDE ITC/3801/2008, de 26 de decembro.

As cores que uso no texto : vermello significa punta (P1 en accesos de 6 períodos), co maior custo unitario; verde, significa val (P6 en accesos de 6 períodos), co menor custo unitario. Entre ambos, o resto de cores e nomenclaturas (chairo ou P2-P5.)

Acceso 2.0DHA e 2.1DHA ( Nova 2.02TD)
NON sofren cambios dende o punto de vista dos períodos horarios, pasando a denominarse ambos os 2.02 TD.

Acceso 2.0DHS e 2.1DHS ( Nova 2.03TD)
SI sofren cambios, pasando a denominarse 2.03TD. (Tarifa de acceso para o vehículo eléctrico)




Na tarifa 2.03TD ademais dos festivos nacionais non substituíbles, engádese o 6 de xaneiro.

Acceso 3.0A (3.0TD)
O acceso 3.0A tamén sofre cambios.




[2] Na tarifa 3.0TD ademais dos festivos nacionais non substituíbles, engádese o 6 de xaneiro.
Acceso 3.1A (6.1TD)

O Acceso 3.1A é o que sofre cambios de maior calado.



Na tarifa 3.1Aos festivos son os nacionais non substituíbles unicamente.



Desaparece o Acceso 3.1 como tal, incluíndose devanditas subministracións na antiga 6.1A. Ademais, cambia a definición dos períodos horarios do antigo acceso 6.1A, ao pasar a 6.1TD.
Desta maneira, os días e horas quedan da seguinte maneira:



Os fins de semana e festivos nacionais non substituíbles, máis o 6 de xaneiro son P6 as 24 horas do día, durante todo o ano.


Acceso 6.XA (6.XTD)
Tamén sofre cambios na definición dos períodos horarios.
Actual
Os días laborables, que son os que se modifican, presentan a seguinte distribución.




A distribución é a que xa se indicou no apartado anterior (3.1 Á 6.1TD.)


Os fins de semana e festivos non substituíbles non varían neste.


CONSECUENCIAS PARA O CONSUMIDOR

No momento de entrada en vigor da nova definición de períodos horarios, potencias de acceso, etc. derívanse unha serie de consecuencias para o consumidor.
1) Cambio nas condicións contractuais de facturación. Isto implicará a rescisión dos contratos, aínda que se establecerá un período transitorio.
2) Se se xestionan os consumos para realizalos en horas máis económicas, haberá que volver reformulalo para acomodalo aos novos períodos. A repercusión económica pode ser importante nalgúns casos.
3) Cambio radical en a metodoloxía de facturación do termo de potencia no acceso 3.1A.
1. Na 3.1A factúrase en base á potencia máxima rexistrada en cada período de facturación (un mes, habitualmente). En caso de superar a potencia contratada (aínda que só sexa unha vez), a penalización computa polo período de facturación completo.
2. Na 6.1 ¡TD, a facturación do termo de potencia depende da curva de carga: factúrase toda a potencia contratada e os excesos de potencia penalízanse de forma individual, en base o número de veces e a contía en que se supera a potencia contratada.
4) Imposibilidade para contratar libremente a potencia no acceso 3.0A en cada período. Agora haberá que acollerse á regra da potencia crecente (P1< P2 > P3), do mesmo xeito que nos accesos en alta tensión.

FALANDO EN PRATA

Estas novas regras de xogo, van provocar cambios moi importantes, principalmente para aqueles subministros que non se poden xestionar segundo os horarios dos períodos de facturación, poño por caso, un centro de saúde, unha casa da cultura, etc.

Máis vehículo vehículo eléctrico, abaratando a tarifa tipo 2, con tres períodos de discriminación, ao incorporar case 4.000 horas ao ano en P3.
Agora so falta que o vehículo eléctrico sirva para circular, e xa temos feita a cuadratura do circulo.

As PEMEs máis afogadas. No caso das tarifas actuais 3.0A, increméntanse en 972, o número de horas punta (P1) , diminuíndo tamén as horas en período chairo (P2). Consecuentemente as horas en val (P3) increméntanse en 976.
Na actualidade os períodos horarios non se vían afectados polo carácter do día da semana, festivo ou non. Agora estes días festivos, pasan a ser P3 nas súas 24 horas.

Coido que este feito, pouco lle vai importar á pequena empresa, especialmente aos comercios, que vai ver incrementada a tarifa aproximadamente nun 15%, posto que os festivos normalmente está pechada, e pasan de catro horas en P1, a oito!!!

Todos coa alta tensión.
Pero sen dúbida algunha, o cambio máis importante e nas actuais tarifas 3.1A, os cambios presentados farán que se abarate considerablemente o seu peaxe de acceso, e en consecuencia, a tarifa final.

Sen dúbida este feito vai mellorar a competitividade das empresas que están neste grupo tarifario, pero pola contra suporá que o sistema eléctrico recade menos por peaxe, incrementando o “déficit de tarifa”, que ao final, pagamos entre todos.


 O fomento do emprego, a cargo dos salarios dos traballadores. Viva el vino!!!