miércoles, 23 de diciembre de 2009

Analise do sector enerxético 2008


Este estudo analiza os consumos de enerxía primaria e final no ano 2008. Tamén fai unha análise de consumo por sectores produtivos.
Do citado informe, extraemos as seguintes conclusións:
  • Descende o consumo de enerxía primaria, nun 3,1%. Algo que ven a confirmar a tendencia dende 2005, acusado en parte, pola crise económica.
  • Aumenta o consume de gas natural, nun 10%
  • Aumenta a dispoñibilidade da enerxía nuclear nun 7%
  • Aumenta a contribución das renovables nun 9%
  • Carbón e petróleo descenden na súa contribución un 4 e un 31%, respectivamente.
Con respecto á contribución por sector:




 Moi importante o toque de atención que se fai ao sector residencial, no que se prevé un importante aumento do consumo en calefacción, debido a un maior equipamento e ao uso xeneralizado de equipos individuais, moi pouco eficientes, con respecto a equipos colectivos. Isto xa o sabiamos, pero non por moito repetilo, deixa de ser importante.

A ligazón ao informe:  Boletín Electrónico del IDAE

lunes, 21 de diciembre de 2009

España xa xera máis electricidade do vento que do carbón

O incremento da produción renovable en xeral, e especialmente a eólica dos últimos anos, xunto coa caída de consumo eléctrico, produciu este fenómeno que se acrecentará nos próximos meses. O carbón, a principal fonte de xeración de electricidade en España ata fai dous anos, pasou ao quinto posto e a eólica avanza un posto, converténdose na cuarta fonte de xeración en importancia de España.

Neste mesmo blog adiantamos fai uns meses que segundo os nosos cálculos a eólica ía adiantar ao carbón en decembro ou xaneiro, e así foi. En concreto segundo datos de Rede Eléctrica de España nos últimos 365 días o carbón xerou 34.937.058MWh fronte aos 34.979.101MWh que xerou a enerxía eólica. Con este dato confírmase, unha vez máis, o alza das enerxías renovables e a caída da fonte de xeración eléctrica que xera máis contaminación gasosa.


Hai que apuntar que estes datos non teñen en conta a produción eólica do día 21 de decembro, en canto a teñan, esta produción subirá por encia dos 35 tWh.

Esta entrada está tomada dos datos poblicados polo compañeiro Xavier Cugat, no seu bloge Revolución Energética.

domingo, 20 de diciembre de 2009

Atlas de ondas de Galicia

O Inega ven de publicar o mapa de ondas de Galicia.
Esta ten que ser unha ferramenta útil para aqueles proxectos que teñen que ver co mar, en especial a enerxía undimotriz, e a eólica off.shore.

O mapa foi elaborado por Meteogalicia, cunha potente ferramenta informática de do modelado numérico de terceira xeración WAVEWATCH III (Tolman 1991, 1999) desenvolvido polo OMB (Ocean Modeling Branch) pertencente ao NCEP (National Centers for Enviromental Prediction.

Agardemos entón que esta nova ferramenta sirva para poñer en marcha vellos proxectos que aínda están pendentes, como é o caso do Wavecat:

Se queredes máis información sobre do
sistema Wavecat, esta é a ligazón: Wavecat

O Atlas de Ondas de Galicia, está dispoñible nesta ligazón: Atlas de Ondas de Galicia

viernes, 18 de diciembre de 2009

Perdemos o tren do vento

O pasado dia 16 o consello de ministros publicou o listaxe definitivo das inscripcións de instalación de renovábeis ata 2013.
A sorpresa non é pequena, Galicia quédase soamente con 148 megavatios.
Isto signifoca a puntilla que lle facía falla ao sector. Levamos dous anos de parada, por culpa de decisións políticas "pouco practicas", e agora a parada vai ser irreversible.

Galiza conta neste momento con 7.000 empregos perdidos no campo da eólica, aos que haberá que sumar os derivados do peche da fábrica de LM de Pontes. O que virá a partires de agora vai a ser un suma e segue.
De porque chegamos a esta situación, sería unha resposta moi complexa, habería que analizar os pasos dados dende sete anos para tras, para entender que as consecuencias sexan a destrucción do primeiro sector enerxético de  Galiza.

Máis que buscar respostas, coido que é o momento de facer novas (e vellas preguntas):
  • ¿Por que a anterior xunta non artellou un mecanismo flexible para a adxudicación dos 2.325 MW, en lugar de facer un macro concurso? Un dos problemas derivados dese macro concurso foi o parón que ocasionou nas adxudicacións, e por tanto nas novas construcción de parques. A segunda parte do conscurso é ben coñecida "O Derogazo" do governo de Feijoo. Outro fallo da anterior xunta, por non medir axeitadamente os tempos políticos.
  • ¿Cómo pode o Ministerio de Industría cambiar a reglas do xogo eólico, sen consultar ás CCAA?. Poís porque sí. 
  • ¿Por que a actual Xunta non fixo nada cando se decretou o o pre-rexistro do ministerio de Industria?  Vale que era tempo de traspaso de poderes, pero nin os anteriores nin estes virón que nos quedariamos sen pastes, se nos se espabilava.
  • ¿En que situación queda o actual concurso eólico da xunta? Boa pregunta, se facemos caso do que di o Real Decreto-Ley 6/2009, queda sin efecto. Agora virá o tema dos legalimos e de como o governo central invade unha competencia transferida, e todas esas cousas.
O caso é que o sector está ferido de morte, e non se ve un horizonte de recuperación ata máis aló do 2013.
Esperemos que xurda algunha "medida de gracia", que axude a dinamizalo. Aínda que visto o visto, o que pode e xurdir un "tiro de gracia" que remate a este animal ferido.
Ligazóns:

jueves, 10 de diciembre de 2009

Módulo 3 Biomasa






A biomasa supón un recurso, aínda que limitado,  valorizable para completar un mix enerxético a escala planetaria.
Neste módulo trataremos de entender cal é o concepto de biomasa, cales son as súas aplicacións, vantaxes e desvantaxes de todo isto da biomasa.


Documentos módulo