Mostrando entradas con la etiqueta Lexislación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lexislación. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de junio de 2016

Subida do recibo eléctrico, con carácter retroactivo

Fai tempo que non escribo neste medio, non por non ter que contar, senón porque fai falla acertar co enfoque para contalo. E eu de habilidades comunicativas, ando moi xusto.

O tema que nos ocupa hoxe, é moi recorrente, pero non por isto falto de actualidade.

Unha vez mais, e xa van moitas, o lobbi enerxético impón os seus criterios, por diante do interese común.

Imos poñer tódolos datos en perspectiva, para ter unha mellor visión da problemática.

Os consumidores que contan cunha potencia contratada inferior a 10 kW, teñen dereito a acollerse á tarifa regulada polo estado. Nomeada Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC).

Dentro desta tarifa, o prezo da enerxía consumida págase ao prezo do mercado Pool, e o custe da potencia contratada componse das peaxes de acceso, e dun marxe comercial de € por kW contratado e ano.

Este marxe comercial, que para un consumidor medio supón ao redor de 16 € ano ano, que segundo as empresas comercializadoras de referencia (as 5 grandes) é insuficiente para sufragar os custes de comercialización.

Pois ben, o Tribunal Supremo, ven de sentenciar, o pasado 30 , a favor da demanda de Iberdrola e Gas natural Fenosa, de ampliar este marxe comercial.

O Tribunal Supremo tomou a decisión baseando se nun informe da Comisión Nacional Dos Mercados e a Competencia (CNMC), informe que se pode descargar dende esta ligazón: 


Canto temos que pagar?

Segundo o informe da CNMC, os consumidores que pagaban 4 € por kW contratado e ano, pasarán a pagar 5,24 €, o que aplicado ao exemplo anterior, supón 20,96€ anuais, ou un incremento de case 5 €, que en porcentaxes sería un 31%.

Para o caso dos clientes con discriminación horaria, o incremento é lixeiramente inferior.

Dende cando se vai aplicar?

Se facemos caso ao que di a sentenza, esta será retroactiva dende o 1 de abril do ano 2014, o que supón 27 mensualidades, 2,79€ por kW e ano. Voltando ao exemplo serían 11,16€.

O que non sabemos, de momento, é como se vai pagar, en cantas mensualidades se aplicará, porque quen o ten que decidir finalmente, é o Consello de Ministros.

Namentres esteamos facendo a dixestión das sardiñas e o licor café, das cacheiradas de San Xoán, o Consello de Ministros en funcións, decidirá como vai aplicar esta sentenza, no referente aos prazos e porcentaxes.

Previsiblemente a decisión final, será publicada no Boletín Oficial do Estado do vindeiro sábado 25.

Algo mais?

Pois si. A sentenza deixa aberta a posibilidade de que as comercializadoras de mercado libre, cobre polos seus custes de comercialización, que segundo o estudo da CNMC serías 56€ por consumidor.

Neste punto, e sen coñecer a resolución final do Ministerio, non se pode facer unha valoración completa. Pero parece ilóxico que , nun mercado liberalizado, nunha economía capitalista, empresas que queren captar clientes, reciban unha compensación por este feito.

Isto ven a ser o mesmo ca se cando imos comprar unha camisa, nos cobrasen un plus por ter o comercio aberto.

De futuro

Observando a evolución dos mercados, especialmente do intradiario, e tendo como referencia o prezo dos combustíbeis fósiles, non é difícil de augurar unha alza nos prezos da enerxía eléctrica no estado.

Tamén cabe sinalar que, actualmente os prezos da enerxía están por debaixo do ano 2011. Sen dúbida pola influencia que a enerxía eólica e hidráulica teñen no Pool.




miércoles, 1 de septiembre de 2010

PUBLICADO O REAL DECRETO CONTRA O FRAUDE FOTOVOLTAICO

Despois da paradiña estival, voltamos a escribir neste  blogue, as últimas novas do sector enerxético.

O Ministerio de Industria, ven de publicar o pasado 6 de agosto o Real Decreto 1003/2010, polo que se regula a liquidación da prima equivalente ás instalacións de producción de enerxía eléctrica de tecnoloxía fotovoltaica en régimen especial.

En definitiva, ben a ser un Decreto contra o fraude fotovoltaico que se produciu a raíz do Real Decreto 661/2007
Non engade excesivas novidades, unicamente marca as directrices para facerlle requirimentos ás  instalacións que estean baixo sospeita, e que estas aporten documentación que certifique que están en disposición de verter enerxía á rede.
Dende o meu humilde punto de vista, sería máis practico, e máis fiable levar a cabo unha labor de inspección por parte da Comisión Nacional da Enerxía. Dar un prazo para aportar certificados, fotos e demais, non é máis que dilatar o problema no tempo, moito mellor ir ao sitio da instalación, ver que está todo instalado e en condicións de verter enerxía á rede.



A sanción prevista é a suspensión da prima correspondente.
Tamén se crea unha subsección no rexistro de instalacións de réxime especial, adicado ás instalacións que non cobran prima.


Dentro do desenrolo normativo deste RD, a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, ven de quitar unha orde na que lle marca as directrices á Comisión Nacional da Enerxía para facer as primeiras inspeccións. Estas serán levadas a un grupo determinado de instalacións.



O grupo estará composto polas instalacións asentadas no rexistro instalacións de produción dde enerxía eléctrica, con data anterior ao 30 Setembro 2008, ata acadar unha potencia de 800 MW, utilizando os seguintes criterios:
  • En primeiro lugar, as instalacións que non produciron unha enerxía mensual igual ou superior do 85 por cento da enerxía que tería producido unha instalación teórica, de acordo co perfil horario de produción que figura no anexo XII do Real Decreto 661/2008, durante un dos meses seguintes ao mes Setembro 2008, empezando por aquelas con data de inscrición definitiva máis tardía.
  • En segundo lugar, e para completar a potencia indicada, se é o caso, instalacións escollidas aleatoriamente.

Non obstante ao anteriormente exposto, a Comisión Nacional de Enerxía poderá, ademais, esixir acreditación a calquera instalación inscrita no rexistro de produtores en réxime especial, que non fose engadida no colectivo definido no parágrafo anterior.


Disponse que logo desta primeira fase, veñan outras sucesivas.

Agardemos que con este RD, e a normativa accesoria, se poña fin á lacra que ven dando mal nome a unha das tecnoloxías renovábeis con máis futuro. A solar fotovoltaica. E de paso, haber si serve para facer calar a eses "mentideros" (do verbo mentar, en idioma castelan), que non  fan máis que botar lixo enriba das tecnoloxías renovables.


miércoles, 2 de junio de 2010

Non me engane, por favor!

Neste artigo, José Antonio Alfonso, xornalista do equipo de Enerxías Renovables, avoga polo abandono de enganos e rumores que se verten sobre as renovables en lugar de abordar con claridade o debate, inevitable e necesario, sobre un cambio de modelo enerxético. É xusto dicir que as renovables son moi caras e obviar o que custan as fontes convencionais? Só é un exemplo.



Ignorancia ou mala fe. Rumores ou proxectos. Verdades ou mentiras. O sector das enerxías renovables vive nunha dicotomía próxima a un acto teatral histérico no que todo vale. É unha sinfonía desconcertante que algúns tocan ocultos no espazo asignado ao tramoista porque non queren saír á escena, aínda que si manexala. O bombardeo é constante, delirante…, sobre todo para o cidadán que xa non sabe nin a quen crer nin porqué. Non me engane, por favor!

Cando comezou a estenderse a estratexia da confusión? Quen deu o primeiro paso? Cal é o engano máis basto? Imposible responder a esas preguntas. Arduo labor para quen tire de hemeroteca. Pero si é factible mostrar algunhas “perlas” próximas no tempo. Son máis que suficientes para ensinar a batalla enerxético-económica-política e de poder que se está librando. (O termo ambiental parece que non interesa).

Un dos enganos máis bastos é afirmar que quitando as primas ás enerxías renovables axudaríase, e moito, a resolver o déficit público. Este mes de maio o diario británico Financial Times publicaba un artigo de José María Aznar no que o ex-presidente do goberno relataba sete medidas para saír da crise. En posto de pódium, a segunda, mencionaba cambios na política enerxética como deixar de subvencionar fontes de enerxía renovables pouco eficientes. (É de supor que se refería a esas tecnoloxías que cubriron o 40% da demanda eléctrica durante o primeiro cuadrimestre de 2010, segundo os datos de Rede Eléctrica Española).

A receita de Aznar provocou que desde beiras próximas ao ex-da Moncloa (tanto políticas como mediáticas) clamásese pola supresión das primas ás renovables para liquidar o déficit público, demostrando a máis absoluta ignorancia ou mala fe ao confundir/mesturar déficit público con déficit tarifario. O déficit tarifario repercute no recibo da luz, de tal maneira que se quitamos a percepción económica ás renovables o déficit público non se moverá, nin sequera se reduciría o déficit tarifario. E isto último asegúrao o Ministerio de Industria, nada sospeitoso neste caso, xa que todos os cambios de política enerxética que prepara contemplan a redución do déficit tarifario.

Aclarada a torpeza/ignorancia cabe preguntarse hai que quitar as primas ás renovables? A cuestión é pertinente se se escoitou ao deputado do PP, Miguel Arias Cañete, acusar o goberno de que con “os seus bandazos normativos” na retribución ás renovables “escorrenta o investimento” e practica os mesmos métodos de “quebra xurídica” dalgúns gobernos suramericanos. Quen recibe a pedrada, por suposto, é o Ministro de Industria, Miguel Sebastián, nunha sesión de control ao goberno no Congreso dos Deputados.

Lido Aznar e escoitado Arias Cañete, que facemos cunhas primas que se arbitraron e puxeron en marcha durante o primeiro goberno Aznar? E se hai que retiralas, todas as do réxime especial, incluídas as destinadas aos combustibles fósiles das plantas de coxeración? En 2009, 1.114 millóns de euros destináronse ao gas.

As renovables crearon o déficit tarifario.

Esta aseveración polo menos parece inxusta. Foi a finais dos anos 90 cando o goberno de José María Aznar articulou a existencia de certas percepcións económicas á produción de electricidade mediante tecnoloxías renovables. As primas naceron cando o déficit tarifario xa existía polo tanto dunha política, practicada tanto polos gobernos de Aznar como os de Zapatero, que optou por manter o prezo da electricidade por baixo dos seus custos de produción, desde Rodrigo Rato a Miguel Sebastián. Nos últimos 18 anos (de 1990 a 2008) o prezo da luz baixou a prezos constantes un 38,8%.

As renovables soben a tarifa eléctrica.

O recibo da luz subirá por culpa das renovables. A frase non é literal, pero si gráfica doutras expresións que estimatizan a determinadas tecnoloxías coa existencia de facturas máis altas. E iso si prende na cidadanía. Ese discurso esquece que grazas á participación renovable o prezo medio do mercado eléctrico (o denominado *pool) descendeu nos últimos anos. De 7 céntimos o *kWh en 2007 a 3 céntimos o *kWh a finais de 2009.

Se se observa o exercicio 2009 o custo da factura eléctrica foi un 15% menor respecto de 2008. Isto sucedeu en gran parte pola irrupción das renovables que baixaron o prezo medio do pool de 66 a 38 euros MWh ao limitar a produción das tecnoloxías fósiles do réxime ordinario. Tecnoloxías como a eólica ou a fotovoltaica impediron unha maior entrada no sistema das centrais de gas, que normalmente marcan o prezo de casación definitivo do mercado eléctrico. E a tendencia á baixa mantense en 2010. Mesmo por baixo de 30 euros *MWh.

Incluír as renovables nos Orzamentos Xerais do Estado.

Esta é outra das “frases do mes”. Un rumor persistente a pesar do desmentido oficial do Secretario de Estado de Enerxía. Pedro Marín afirmou que o goberno non sacará da tarifa eléctrica as primas ás renovables para cargalas nos Orzamentos Xerais do Estado. A trampa, proposta por quen lle gustaría que se fixese, é dobre.

Desde un punto de vista conxuntural parece pouco afortunado cargar o orzamento nacional con outro gasto cando desde Moncloa tómanse medidas para reducir o déficit (baixada do soldo dos funcionarios, conxelación de pensións…). Pero hai unha razón estrutural máis poderosa. Se as primas pasasen ao Orzamento Xeral do Estado converteríanse en “axudas de estado”, que están prohibidas pola Unión Europea. É dicir, a inclusión das renovables nos orzamentos do estado aseméllase máis a unha puntilla de descabello que a un cambio normativo.

As renovables son moi caras.

O Ministro de Industria reuniuse o pasado 6 de maio coas asociacións de enerxías renovables ás que lles facilitou un documento no que se cita que o custo das renovables sería de 126.000 millóns de euros nos próximos 25 anos. Este é o único custo ao que alude o goberno nese informe, ou polo menos é o que din os que o leron.

126.000 millóns son moitos ou poucos, e respecto de que. As importacións enerxéticas de España en 2008 foron duns 42.000 millóns de euros que, multiplicado por 25 anos, supera o billón de euros. Supondo que o prezo de petróleo, gas e carbón mantéñase estable os próximos 25 anos.

Un exemplo. Unha das tecnoloxías á que se sinala co dedo por cobrar as curmás máis caras é a solar fotovoltaica, pero cando se lanza esa afirmación esquécese explicar que esa mesma tecnoloxía conseguiu reducir os seus custos un 54%, segundo recoñece industria, e seguirán baixando. En dous anos espérase que consiga a paridade de rede. Que actividade económica é capaz de reducir os seus custos a ese ritmo?

José Antonio Alfonso


viernes, 19 de marzo de 2010

Enerxía eólica mariña, por imposición

Hoxe almorzamos cunha nova inquietante que viña en El Pais, o governo central prepara unha convocatoria para licitar 5.000 megavats eólicos mariños.

Ata aquí nada novo, o que si é preocupante, e que parte deses megavats, vaian caer na nosa costa.
Cedeira, Foz e Muros son tres concellos que, de seguir adiante o proxecto do ministerio de Sebastian, verán a súa liña de mar ocupada por máquinas eólicas.

Sen entrar a valorar se este tipo de enerxía, e positivo para o noso pais ou non, temos que ter en conta que no parlamento de Galicia houbo un rexeitamento unánime aos parques eólicos mariños. Por tanto, esta decisión do Ministerio de Industria asobaia o calqeura xeito de expresión democrática do pobo galego por medio dos seus órganos de representación.

O Goberno central é o competente para autorizar este tipo de instalacións, pero a súa tramitación choca co rexeitamento que os parques eólicos mariños xeran no PPdeG, PSdeG e Bloque. Fai apenas un ano, os tres partidos aprobaron unha resolución no Parlamento galego na que se opoñían a situar estas plataformas mariñas fronte ao litoral da comunidade.

Gas Natural e Norvento son dous dos grupos interesados en impulsar este tipo de instalacións de xeración enerxética. Eufer, a filial de Gas Natural e Unión Fenosa dedicada a enerxías renovables, reactivou as dúas compañías creadas para desenvolver este tipo de enerxía en Galicia e trasladou o seu domicilio á Coruña.

De pouco serviu a contundencia expresada no Parlamento por todos os grupos fai agora case un ano para rexeitar as instalación de parques eólicos mariños na costa galega. Polo menos, á luz dos plans do Ministerio de Industria e dos pasos que seguen os grandes grupos enerxéticos. O último deuno Eufer, a filial de Gas Natural e Unión Fenosa dedicada a enerxías renovables. As empresas creadas pola compañía para desenvolver este tipo de enerxía en Galicia, Punta de Lens Eólica Mariña e Punta das Olas Eólica Mariña, pasaron a estar englobadas integramente na órbita do grupo presidido por Salvador Gabarró, tras desvincular delas aos promotores que inicialmente levaron a cabo os estudos preliminares, a través da consultora madrileña Besel. De acordo con datos do Rexistro Mercantil, ambas filiales reactívanse e pasan agora a ter o seu domicilio na Coruña. Outro dos principais grupos enerxéticos galego, a lucense Norvento, tamén realizou prospeccións en catro áreas.

De acordo cun estudo da propia Eufer, o grupo "ratificou" o desenvolvemento de seis proxectos de parques eólicos mariños nas costas españolas ao abrigo do real decreto que regula este tipo de actividade, que data de 2007, e realizou os pertinentes estudos de caracterización "" (algo similar ás prospeccións no sector petrolífero) para situar os seus parques. Tamén realizou estudos técnicos sobre a estimación da produción e a potencia eólica a desenvolver en cada zona investigada e a dispoñibilidade da mellor tecnoloxía do mercado. O grupo, ademais, levou a cabo contactos con fabricantes de aeroxeradores co fin, segundo o mesmo informe, de desenvolver sinerxias nos proxectos.

A lucense Norvento tamén confirma que elaborou estudos por áreas na costa galega e ten presentado os seus proxectos ao ministerio, pero fontes do grupo aclaran "que este tipo de enerxía non é unha prioridade nestes momentos".

Dende Gas Natural limítanse a sinalar que a compañía "realizou proxectos de tecnoloxía eólica mariña en varios emprazamentos en España, pero a súa realización está suxeita ás concursos e regulacións que o futuro establezan os ministerios de Industria e de Medio Rural e Mariño".

Tres son as zonas máis avanzadas en canto a estudos realizados polas empresas na costa galega. Si nun principio o Ministerio de Industria trazou un mapa coas potencialidades de cada zona, o que levantou a polémica, os promotores deste tipo de enerxía deron os seus pasos e, seguindo os tempos marcados desde o Goberno, estableceron as áreas susceptibles de desenvolverse. Na costa lucense, entre cinco e sete millas ao norte de Foz, atópase un dos enclaves, mentres que os outros dous repártense entre a fronte marítimo comprendido entre Cedeira e Valdoviño, e saída de ría de Muros, na zona coñecida como Baixo dúas Meixidos. Así consta nos expedientes que tramita o departamento que dirixe Miguel Sebastián. Ningunha das empresas inmersas nos proxectos quere revelar as ubicacións exactas que estuda.

O procedemento administrativo para a tramitación de parques eólicos deu lugar á división do litoral español en 72 áreas eólicas mariñas. Unicamente nove zonas foron ratificadas por promotores, para as que hai unha trintena de solicitudes. Entre elas están as tres da costa galega. Sobre cada unha destas áreas o ministerio emitirá un documento de caracterización, que recompila unha serie de informes emitidos polas institucións afectadas pola instalación do parque eólico, os cales publicaranse conxuntamente xunto coa convocatoria do concurso.

As empresas miran a Madrid antes que a Santiago. É así como desde o Ministerio de Industria ultímase o novo Plan Enerxético 2011-2020, cuxo borrador xa foi enviado a Bruxelas. Segundo fontes do departamento que dirixe Miguel Sebastián, o plan estará aprobado na segunda metade do ano e prevé incorporar entre 4.000 e 5.000 megavatios de enerxía eólica mariña, practicamente o dobre da potencia que vai adxudicar a Xunta na nova convocatoria para parques eólicos terrestres, tras haber anulado a do bipartito.
Fonte: El Pais

jueves, 18 de febrero de 2010

Fotovoltaica a ritmo de chotis

Nas pasadas semanas vivimos con expectación as novas que chegaban dende o sector fotovoltaico.
E abofé que non foron poucas, houbo un gran revuelo, e dende os gabinetes de prensa no se fixo máis que publicar notas de prensa, que non deixaban de ser máis que unha declaración de intencións.


Os actores da película, eran os mesmos de sempre. Por un lado a administración pública, en figura do ministro de industria, Miguel Sebastian. Polo lado da industria, as asociacións de sempre. ASIF, APPA, e AEF. No terceiro acto da función, apareceu coma sempre, o lobby dos todopoderosos “Nuclearatodacosta”, “mejorgasqueeolica”, “elpetroleomemola” etc.
Estes últimos aproveitan o río revolto, para sementar confusión sobre da orixe das primas ao sector, e da conveniencia das tecnoloxías renovables.

A verdade e que despois de botar un bo anaco de tempo, lendo comunicados dun e doutro lado, as conclusións son vagas e difusas.
Máis parece que todo é unha estratexia do Ministerio de Industria, que anda na procura dunha parella de baile estable para reformular a lexislación (e as primas) do sector.
Nese estraño baile, os dous compoñentes da parella, terían que dar os seus pasos sen saírse da baldosa, como se dun chotis se tratase.
Saírse da baldosa, podería supor, ou quedar cun marco regulamentario penoso, ou cunha presión mediatica forte, que pode custar votos e credibilidade.

Sorprende que, despois de pasados unhos días, a nova que hoxe chega aos medios e que Miguel Sebastián xa ten parella de baile, e polo que parece vai ser estable, e con bo paso.

As tres asociacións sectoriais, fan fronte común para chegar a unha saída negociada a crítica situación actual do sector.

Congratulámonos pois de que, aínda que tarde, a situación se empece a endereitar, e que empresarios, fabricantes e promotores, poñan da súa parte para que voltemos a ver un sector fotovoltaico en plena actividade.

Máis información:
Las fotovoltaicas exigen negociar con Industria la bajada de primas

miércoles, 3 de febrero de 2010

Unha planta de biomasa para As Pontes

Estes días vemos que na prensa seria, están a sair novas relaccionadas cunha hipotética instalación dunha planta de biomasa nas Pontes.

Esta instalación, promovida por Ence, esta englobada dentro do plan de aproveitamento da biomasa forestal primaria, elaborado pola Xunta de Galicia.
Dentro deste plan, contemplabase a creación de sete plantas de xeración eléctrica, noutras tantas áreas de interese.



Cada unha destas plantas non pode ter unha potencia superior a 10 MW, e estás obrigadas a queimar biomasa forestal primaria. (restos de corta, podas, etc).

Ence presentou a súa plica para construír unha destas plantas nas Pontes, concello enmarcado dentro da área 2.
O concello de As Pontes presenta unhas condicións inmellorables para este tipo de instalacións. Ten a evacuación da enerxía eléctrica garantida, ten solo industrial dispoñible, e ten bos accesos por estrada.

O problema que vexo neste caso é o de asegurar o recurso, e dicir, garantir que a planta vai ter suficiente cantidade de biomasa para traballar un número de horas suficientemente rendible.
Este problema agravase, tendo en conta a "competencia" que ten dentro da comarca unha instalación deste tipo. Sin ir máis lonxe, no veciño concello de San Sadurniño, o Grupo Tojeiro ten unha fabrica de taboeiro (Intasa), que tamén conta cunha caldeira de biomasa.
Actualmente tamen se está a montar no polígono de Penapurreira, unha fábrica de pellets (Biomasa Forestal SL).
Tamén hai que engadir outra planta similar, que xa estaba en proxecto antes de que salise o presente plan, e que está outorgada en favor de Iberdrola, e que en principio se ía a instalar nas Somozas:
Todos estes factores, pode influir para que a decisión da xunta sexa en sentido negativo.

Si nos temos que congratular que, tando dende o concello, coma dende circulos empresariais e sociais, estase a facer toda a presión posible para que esta planta sexa unha realidade.

Temos que lembrar que unha instalación deste tipo crea unhos 10 postos de traballo directo, e unhos 30 indirectos, que coa que está caendo, non ven nada mal para a comarca do Eume.

Información relaccionada:

viernes, 29 de enero de 2010

Leña para todos


Onte tivo lugar en Santiago de Compostela, no Hotel Araguaney, un foro organizado polo Grupo Correo Gallego, para falar de Enerxía e cambio climático.




A xornada estivo dividida en dúas mesas redondas. na primeira mesa Cambio Climático: un reto global contou con Francisco Díaz-Fierros Viqueira, , Maruxa Pérez Vázquez, José Antonio Redondo López - como moderador-, Benito Fernández González, Vicente Pérez Muñuzuri y Fins Eirexas






A segunda mesa redonda tiña por título El Sector de las Energías Renovables:Nuevas Oportunidades, Nuevos Retos. Pola esquerda, Muniozguren, Mena, Espinosa, Bernardo Tahoces, Caramés, Chapatte, Blanco e González Vélez no foro.


Coido que é a primeira vez, que nun encontro deste tipo, os oradores póñense as pilas mutuamente.

Non saiu nadie sen levalas, tanto a administración, coma os defensores dos ciclos combinados, coma os partidarios das renovables. Todos levaron a súa parte de estacazos.

Como conclusións máis significativas, podo sinalar as seguintes:
Existe inseguridade xurídica para o desenrolo das renovábeis , o que provoca ausencia de financiamento bancario
Politicamente existe vontade de medrar en renovábeis, aínda que non se lexisla nese rumbo.
O cambio climático existe, non é reversible, e debémonos preparar para un futuro distinto, climaticamente falando.

Noraboa ao Grupo Correo Gallego pola súa iniciativa

Máis información:
A Xunta loitará contra o freo estatal á eólica
La Xunta intentará evitar que el Estado paralice el sector eólico
Galicia reduce 1,1 millones de emisiones al año con renovables
Pesca, agro y empresa deben adaptarse al nuevo escenario
Renovables e transporte limpo, a aposta para reducir emisións
As renovables permiten un aforro enerxético do 40% nos fogares

261.37 MW Eólicos para completar plans eólicos empresariais


Con esta orde, pretendese darlle oportunidade ás empresas que tiñan plans eólicos empresariais, para solicitar a instalación de potencia, que aínda non instalaran,  pola causa que fose.

En total son 261'37 MW. Fenosa con 57'35 MW, e Gamesa con 42'31MW,  e Total-Fina con 41 MW, son as que máis potencia tiñan pendente, seguidas por Galenova (33 MW),Eurovento (28'5 MW), Fergo (23'57 MW) e Touriñan (15'35 MW).

O resto de empresas, ata 15 en total, repartense os 20'29 MW restantes.







Esta situación de "adxudicación pendente", xa viña recoñecida polo decreto decreto 242/2007, aínda que logo, na resolución, tamén derogada, do 26 de decembro de 2008, non se fixo reserva de potencia para os plan eólicos empresariais en desenrolo.

A nova foi acollida con satisfacción pola patronal eólica galega, EGA. Tal e como manifestou onte o seu  secretario xeneral , Íñigo Muniozguren, dentro da mesa redonda, organizada polo Correo Gallego , "Energías Renovables y Cambio Climático"

Agardamos que a partires de agora "sopren novos ventos" para o sector.

viernes, 22 de enero de 2010

"As Cinderelas" renovables dan ultimato a industria: non serán esquecidos


Excelente artigo de Javier Aldecoa, publicado en Intelligence and  Capital News Report, onde se analiza o futuro lexislativo dalgunhas das renovables .
Estes días hai moito ruido en Madrid, a APPA e ASIF teñen os sables desenvainados.
Agardemos que a resosta administrativa sexa satisfactoria para todos ( ou polo menos para a maioría)

Amósovos o encabezamento do artigo, se o queredes ler compretamente a ligazón é: Intelligence and  Capital News Report

Non vai máis.  Está cansos de ser as 'Cinderelas' das enerxías renovables.
Biogás e biomasa repudiar 'apelido', sempre que Miguel Sebastián se impuxo para defender a 'golpeo' á industria, no rexistro de pre-distribución e á ausencia de incentivos, ata que chegou 2010. 
O goberno bébelle o vento, a enerxía eólica e solar: eles comparten con eles a orfandade de un marco regulamentar ademais de 2012, pouco máis.  E os calendarios apertan. 
 

 
 
 

viernes, 18 de diciembre de 2009

Perdemos o tren do vento

O pasado dia 16 o consello de ministros publicou o listaxe definitivo das inscripcións de instalación de renovábeis ata 2013.
A sorpresa non é pequena, Galicia quédase soamente con 148 megavatios.
Isto signifoca a puntilla que lle facía falla ao sector. Levamos dous anos de parada, por culpa de decisións políticas "pouco practicas", e agora a parada vai ser irreversible.

Galiza conta neste momento con 7.000 empregos perdidos no campo da eólica, aos que haberá que sumar os derivados do peche da fábrica de LM de Pontes. O que virá a partires de agora vai a ser un suma e segue.
De porque chegamos a esta situación, sería unha resposta moi complexa, habería que analizar os pasos dados dende sete anos para tras, para entender que as consecuencias sexan a destrucción do primeiro sector enerxético de  Galiza.

Máis que buscar respostas, coido que é o momento de facer novas (e vellas preguntas):
  • ¿Por que a anterior xunta non artellou un mecanismo flexible para a adxudicación dos 2.325 MW, en lugar de facer un macro concurso? Un dos problemas derivados dese macro concurso foi o parón que ocasionou nas adxudicacións, e por tanto nas novas construcción de parques. A segunda parte do conscurso é ben coñecida "O Derogazo" do governo de Feijoo. Outro fallo da anterior xunta, por non medir axeitadamente os tempos políticos.
  • ¿Cómo pode o Ministerio de Industría cambiar a reglas do xogo eólico, sen consultar ás CCAA?. Poís porque sí. 
  • ¿Por que a actual Xunta non fixo nada cando se decretou o o pre-rexistro do ministerio de Industria?  Vale que era tempo de traspaso de poderes, pero nin os anteriores nin estes virón que nos quedariamos sen pastes, se nos se espabilava.
  • ¿En que situación queda o actual concurso eólico da xunta? Boa pregunta, se facemos caso do que di o Real Decreto-Ley 6/2009, queda sin efecto. Agora virá o tema dos legalimos e de como o governo central invade unha competencia transferida, e todas esas cousas.
O caso é que o sector está ferido de morte, e non se ve un horizonte de recuperación ata máis aló do 2013.
Esperemos que xurda algunha "medida de gracia", que axude a dinamizalo. Aínda que visto o visto, o que pode e xurdir un "tiro de gracia" que remate a este animal ferido.
Ligazóns: