O Instituto para a diversificación e aforro da enerxía, ven de publicar o "Análisis Global y Sectorial de la evolución del consumo y de la intensidad energética en España. Comparación a nivel europeo".
Este estudo analiza os consumos de enerxía primaria e final no ano 2008. Tamén fai unha análise de consumo por sectores produtivos.
Do citado informe, extraemos as seguintes conclusións:
- Descende o consumo de enerxía primaria, nun 3,1%. Algo que ven a confirmar a tendencia dende 2005, acusado en parte, pola crise económica.
- Aumenta o consume de gas natural, nun 10%
- Aumenta a dispoñibilidade da enerxía nuclear nun 7%
- Aumenta a contribución das renovables nun 9%
- Carbón e petróleo descenden na súa contribución un 4 e un 31%, respectivamente.
Con respecto á contribución por sector:
Moi importante o toque de atención que se fai ao sector residencial, no que se prevé un importante aumento do consumo en calefacción, debido a un maior equipamento e ao uso xeneralizado de equipos individuais, moi pouco eficientes, con respecto a equipos colectivos. Isto xa o sabiamos, pero non por moito repetilo, deixa de ser importante.
A ligazón ao informe: Boletín Electrónico del IDAE