Asistimos onte á presentación dos resultados empresariais do terceiro grupo enerxético do estado Español, "Gas Natural _ Unión Fenosa".
Os resultados non poden ser máis satisfactorios, xa que no actual contexto económico, a electro-gasista acadou un 13.1% de suba.
Moi interesante, pensando que para o vindeiro exercicio a presión é aínda maior.
O coselleiro delegado da compañía, Rafael Villaseca, aprobeitou o acto para lembrarlle ao goberno da Xunta, qeu non vai haber inversións en Galicia, se a súa empresa non se ve agraciada con moitos megavatios nos vindeiros concursos eólicos.
Acto seguido, Villaseca arremeteu contra das primas ao sector eólico e fotovoltáico.
Non se lle vai pedir coherencia, a alguén que solo pensa no carto, pero este señor podía ser un pouco máis comedido á hora de facer manifestacións en público. Se tan en desacordo está coas primas ás renovables, ¿Como é que condiciona a inversión na nosa terra, á obtención destas?.
Xa sabemos que o feito de te que aturar os ciclos combinados, non é un prato de bon gusto. Para mostra de como está o mercado da producción eólica con gas, cabe sinalar que Gas Natural - Unión Fenosa, leva máis dun ano para vender o ciclo combinado que ten en Sabón (A Coruña) e non hai que o queira.
Será este o primeiro paso para pedir primas para os ciclos combinados?
Tempo ao tempo.
Información relaccionada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario