Mediante publicación no Diario Oficialde Galicia do 28 de xaneiro de 2010, fíxose pública a Orde do 20 de xaneiro de 2010 pola que se abriu o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais.
Logo de rematar o prazo de presentación de solicitudes, de observar as renuncias a rematar o plan eólico empresarial asignado, que algunhas empresas fixeron. A Consellería de Economía e Industria, publicou onte no DOG a resolución do 30 de abril, onde adxudica un total de 331,83 MW ás seguintes empresas:
Agora toca agardar polos proxectos definitivos e pola resolución firme, xa que contra estas pódese facer alegacións.
Tendo en conta que tódolos proxectos están dentro de parques xa construídos, a redacción de proxectos finais non debería de dilatarse moito no tempo, polo que a construción destes megavatios, poderá iniciarse a empezos do vindeiro ano.
Tamén cabe sinalar que faltan 20 días para que remate o prazo de presentación das propostas para a licitacións dos 2.325 MW da convocatoria do 5 de abril.
Sopran pois suaves brisas para o sector.