viernes, 30 de septiembre de 2011

Fenosa Returns

Nos últimos días estivemos dándolle voltas a unha nova en relacción a Gas Natural Fenosa.



A nova falanos de que o grupo enerxético catalán vai abrir en Galicia unha nova empresa.
Esta empresa chamarase FENOSA, e encargarase de xestionar a nivel técnico as instalacións de produción de enerxía, hidraulica e mariña en todo o mundo.

En números tanxibles, a nova empresa creará unhos coarenta postos de traballo directos, aos que haberá que sumar os que pivoten ao redor da posta en marcha do plan eólico da empresa. Dende este novo centro de control, dirixiranse as instalación en territorio peninsular, e sudamerica.

Que se creen na nosa terra novas empresas de alto valor engadido, sempre está ben. E se esa empresa a crea Gas natural, aínda máis. 
Non só pola débeda histórica que Fenosa ten con Galicia, senón tamén polo "regalo" que supuxo a venta de U. Fenosa a Gas Natural.

Quedas moitas dúbidas por despexar. 
Por que non se integra a xestión dos parques eólicos do grupo dentro desta nova empresa?
Onde vai estar a sede da nova Fenosa?
Terá participación externa, ou so serán unha nova marca dentro do grupo de Gas Natural Fenosa?
Terá un equipo "autóctono" ou como xa pasou outras veces, os postos de traballo mellor remunerados virán de fora?
Ten algo que ver, o anuncio desta nova empresa, coas intencións de Gas Natural de reformar as instalacións hidraulicas en Galicia, para convertilas en bombeo?

En fin, haberá que darlle tempo ao asunto para que madure, e aínda que a priori e unha nova excelente, non podo deixar de ser excéptico. E os precedentes non me animan a outra cousa.

Na mesma entrevista onde o presidenete do grupo Gas Natural, Salvador Gabarró, nos anunciaba esta nova. Tamén aprobeitava para cargar contra a enerxía fotovoltaica, e bótalle a culpa de que se lle deban 7.000 millóns de euros ás eléctricas. Podedes comprovalo no artigo de La Voz de Galicia.

Se non tiñamos dabondo coas saídas de tono do presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, agora chega Gabarró para facerlle os coros.
Unha vez máis tómannos por tontos, débelles parecer que a información do mercado eléctrico so está dispoñible para eles, e que o resto dos mortais non temos acceso aos datos.
Non vou seguir por este camiño, porque me acendo, e non quero.
So lle vos recomendo que vexades os datos do mercado eléctrico, para ter datos tanxibles, ou se non queredes metervos en datos farragosos, un pequeno artigo dos compañeiros da revista Energías Renovables, onde se analiza o custe de primar a xeración con carbón autóctono.

Agardo que o tempo me quite os motivos polos que agora son excéptico, aínda que vendo a entrevista que se lle fixo no programa da TVG "Foro Aberto" a Luís Díaz, director de Gas Natural Fenosa en Galicia, non podo ter moitas esperanzas.

                                   

Dádelle ao "Plai" aínda que apareza unha mensaxe de erro. A entrevista está no minuto 41

Outra información: Entrevista a Salvador Gabarró en La Voz de Galicia

domingo, 25 de septiembre de 2011