Mostrando entradas con la etiqueta Mercado eléctrico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mercado eléctrico. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de octubre de 2016

Que choiva, Que choiva !!!

Sigue esta coñecida canción infantil, “Os paxariños cantan e as nubes se levantan...”, no é que queira eu marrar a vendima do ribeiro, máis fai falla auga, moita auga...


Nos últimos meses, vense dando unha situación anómala no mercado eléctrico peninsular. Esta situación ven provocada por diferentes factores, que veremos a continuación. O resultado da aplicación destes factores, non é outra ca un incremento espectacular do recibo eléctrico.

Levamos todo o presente ano congratulándonos de ter un prezo do kWh sensiblemente inferior ao do ano pasado, pero á vista dos factores incidentes no mercado eléctrico , esta situación vai rematar antes de fin de ano.



Fonte: OMIE

Na anterior gráfica podemos ver unha comparativa entre os anos 2014 e 2015. Como se pode observar, a tendencia dos prezos no pasado ano, é a de baixar dende os 60 €/MW de xullo, ata os 51 de Setembro. Este descenso debíase en boa parte á incidencia que a enerxía hidráulica e eólica teñen no comportamento dos prezos.
Pola contra, o presente ano, arrinca en 40 €/MW en xullo, e sube ata os 44 €/MW en Setembro, mantendo actualmente a tendencia ao alza, chegando no presente mes, que está a rematar, a 53 €/MW.

Se navegamos nos datos do mercado intradiario, podemos ver que o futurible deste, é o de acadar prezos superiores a 80€/MW antes de fin de ano. Os factores que máis inflúen neste prezo, directamente son:

  • Malas condicións atmosféricas. Este eterno verán no que estamos instalados, non favorece en nada a xeración eléctrica das hidráulicas e das eólicas, debendo cubrir a súa cota de xeración con carbón e gas. Tecnoloxías moito máis caras, e infinitamente máis contaminantes. De ahí  o título deste artigo.
  • Parón nuclear en Francia. O estado galo está a levar un intenso programa de paradas das súas centrais nucleares, co obxecto de revisalas, e determinar a súa viabilidade futura. (Igualiño ca en Garoña...). Este parón obriga a incrementar o custe dos saldos internacionais entre o estado francés e o español. Sirva como nota, que no presente mes, o mercado eléctrico francés estase a mover nos 80 €/MW, cando o ano pasado, nas mesmas datas, superaba por pouco os 50 €/MW.
Vistos os factores de mercado, non queda moito máis ca resignarse, pero o problema non remata con Francia coas nubes, hai moito máis:
  • Parece ser que imos ter goberno en España. E este goberno deberá ter que acatar a sentenza do tribunal supremo que obriga a modificar o marxe comercial do PVPC, por enriba dos 5€ kW. Este feito xa foi analizado anteriormente, noutra entrada deste blogue: Subida do Recibo da Luz, con Carácter Retroactivo .
  • A ese futuro goberno, acaba de caerlle outra pedrada legal (non aprenden). O Tribunal Constitucional ven de declarar inaplicable o sistema de financiamento do bono social. Para non entrar en fonduras, explico rapidamente: O bono social é unha redución do 25% do custe do PVPC para algúns colectivos economicamente desfavorecidos. O goberno en funcións obriga ás comercializadoras de referencia (As 5 Grandes) a asumir unha parte deste desconto. O Tribunal Constitucional, perante a reclamación presentada por EON España e Endesa, ditamina que iso non se pode facer. Por tanto, hai que devolver ás eléctricas, ao redor de 500 millóns de euros. Isto pódese facer vía orzamentos xerais do estado (o máis lóxico), ou ben cargalo a tarifa (como se adoita a facer).
Sexa como queira, todo apunta a unha subida do recibo dun 30 – 50% entre novembro e febreiro, así que, non vos pasedes coas compras de nadal!!!
Non digades logo que non avisei.






jueves, 13 de octubre de 2016

18 Segundos. Futuro incerto.

18 segundos. Algo menos que o que dura unha carreira de 200 metros. É o que tarda en lerse este parágrafo e o seguinte. Pois ese tempo é o que vai ter a gran industria española na poxa de interrumpibilidade para poder conseguir levar un bloque de 90 MW ou un de 5 MW.



Así de complexas púxolles as cousas o secretario de Estado de Enerxía, Alberto Nadal, a empresas da talla de Alcoa, Asturiana de Zinc, Ferroatlántica, Arcelor e Celsa, as cinco grandes compañías que loitarán polos bloques de 90 MW na próxima poxa de interrumpibilidade.


Na devandita resolución o Ministerio pegou un recorte sen previo aviso ao prezo de saída da poxa. Concretamente, reduciu o prezo de saída dos bloques de 90 MW en 30.000 euros por MW. Pasou de 340.000 a 310.000 euros por MW. Así, polo pronto, o recorte é de 2,7 millóns por cada bloque.

No caso dos bloques de 5 MW, a contía que baixa é maior. Uns 40.000 euros por MW, pasando de 200.000 euros a 160.000 euros por MW. Un recorte por bloque do 20%.

Pero, por que falamos de 18 segundos para gañar 25 millóns? É o tempo que o axente de cada planta industrial que loita por levar a poxa ten para poder lograr o mesmo prezo que na poxa do ano pasado.

Vaiamos por partes. O sistema de poxa di que o chanzo de baixada de prezo será de 1.000 ?/MW. Pero o que se descoñece é o verdadeiro formato da poxa. Cando se vai a iniciar a poxa, os axentes colócanse nunhas cabinas individuais onde teñen un botón que só se utiliza no caso de non seguir estando na mesma. É dicir, cando cree que o prezo xa é demasiado baixo. Ao final o que non pulsa é o que leva o bloque.

Xa de seu o sistema é bastante tenso. Pero agora vén o bo. Desde que se inicia a poxa, cada segundo baixa o prezo os 1.000 euros por MW que di a norma. Por iso, agora as empresas terán aproximadamente uns 18 segundos para decidirse por seguir ou non na poxa, se queren obter o prezo medio por MW que se obtivo na anterior poxa.

Na poxa para o exercicio de 2016, o prezo dos bloques de 90 MW foi de 292.000 euros por MW. É dicir, 18.000 euros menos que o prezo de saída que acaba de pór sobre a mesa o Ministerio de Industria. A 1.000 euros por segundo, saen os 18 segundos. O ano pasado, polo menos tiveron 30 segundos máis, pasaron 48 ata que se decidiron por saírse da poxa.

Se este tempo de 48 segundos levase á próxima poxa o prezo sería tan baixo que sería de só 262.000 euros por MW. O caso é que en 18 segundos xóganse todo o ano 2017. En 18 segundos gañan 25-26 millóns de euros por bloque de 90 MW. A presión é máxima para a gran industria, que seguramente se quedou de pedra ao ler a resolución e vexa como o Ministerio lles pon pedras no seu camiño.

Pois todo isto tamén lle sucederá ao resto de industrias, a papeleira, a química, a cerámica, etc, que acoden á poxa para levar os seus correspondentes bloques de 5 MW. O tempo redúceselles tamén bastante. Neste caso, para obter os 135.000 euros por MW de 2016 só poderán deixar pasar 25 segundos.

Con todo iso, o próximo 14 de novembro dáse inicio á poxa á que terán que ir ben preparados os axentes das compañías, con varias estratexias no peto porque non serán o mesmo as primeiras poxas que as últimas, os prezos serán distintos. E neste caso, xa se sabe, mellor non quedar fóra. E se non que llo digan a Alcoa.

A tensión será máxima como a que se vive nunha ruleta rusa. 



Por certo, o tope máximo que vai comprar Rede Eléctrica é o fixado de 550 millóns de euros. O ano pasado deixárono en 502 millóns. Se finalmente póxanse o mesmo número de bloques (8 de 90 MW e máis de 400 de 5 MW) será difícil que se alcancen os 500 millóns. Iso que se aforra o consumidor. Pero ollo, que ao reducir tanto o prezo de saída, agora poderíase dar máis cabida a novos bloques na oferta. Pero para iso haberá que esperar a que se publique a resolución.

Un xeito máis de provocar a deslocalización do sector industrial do estado. Un xeito máis de facer "Marca España"

jueves, 23 de junio de 2016

Subida do recibo eléctrico, con carácter retroactivo

Fai tempo que non escribo neste medio, non por non ter que contar, senón porque fai falla acertar co enfoque para contalo. E eu de habilidades comunicativas, ando moi xusto.

O tema que nos ocupa hoxe, é moi recorrente, pero non por isto falto de actualidade.

Unha vez mais, e xa van moitas, o lobbi enerxético impón os seus criterios, por diante do interese común.

Imos poñer tódolos datos en perspectiva, para ter unha mellor visión da problemática.

Os consumidores que contan cunha potencia contratada inferior a 10 kW, teñen dereito a acollerse á tarifa regulada polo estado. Nomeada Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC).

Dentro desta tarifa, o prezo da enerxía consumida págase ao prezo do mercado Pool, e o custe da potencia contratada componse das peaxes de acceso, e dun marxe comercial de € por kW contratado e ano.

Este marxe comercial, que para un consumidor medio supón ao redor de 16 € ano ano, que segundo as empresas comercializadoras de referencia (as 5 grandes) é insuficiente para sufragar os custes de comercialización.

Pois ben, o Tribunal Supremo, ven de sentenciar, o pasado 30 , a favor da demanda de Iberdrola e Gas natural Fenosa, de ampliar este marxe comercial.

O Tribunal Supremo tomou a decisión baseando se nun informe da Comisión Nacional Dos Mercados e a Competencia (CNMC), informe que se pode descargar dende esta ligazón: 


Canto temos que pagar?

Segundo o informe da CNMC, os consumidores que pagaban 4 € por kW contratado e ano, pasarán a pagar 5,24 €, o que aplicado ao exemplo anterior, supón 20,96€ anuais, ou un incremento de case 5 €, que en porcentaxes sería un 31%.

Para o caso dos clientes con discriminación horaria, o incremento é lixeiramente inferior.

Dende cando se vai aplicar?

Se facemos caso ao que di a sentenza, esta será retroactiva dende o 1 de abril do ano 2014, o que supón 27 mensualidades, 2,79€ por kW e ano. Voltando ao exemplo serían 11,16€.

O que non sabemos, de momento, é como se vai pagar, en cantas mensualidades se aplicará, porque quen o ten que decidir finalmente, é o Consello de Ministros.

Namentres esteamos facendo a dixestión das sardiñas e o licor café, das cacheiradas de San Xoán, o Consello de Ministros en funcións, decidirá como vai aplicar esta sentenza, no referente aos prazos e porcentaxes.

Previsiblemente a decisión final, será publicada no Boletín Oficial do Estado do vindeiro sábado 25.

Algo mais?

Pois si. A sentenza deixa aberta a posibilidade de que as comercializadoras de mercado libre, cobre polos seus custes de comercialización, que segundo o estudo da CNMC serías 56€ por consumidor.

Neste punto, e sen coñecer a resolución final do Ministerio, non se pode facer unha valoración completa. Pero parece ilóxico que , nun mercado liberalizado, nunha economía capitalista, empresas que queren captar clientes, reciban unha compensación por este feito.

Isto ven a ser o mesmo ca se cando imos comprar unha camisa, nos cobrasen un plus por ter o comercio aberto.

De futuro

Observando a evolución dos mercados, especialmente do intradiario, e tendo como referencia o prezo dos combustíbeis fósiles, non é difícil de augurar unha alza nos prezos da enerxía eléctrica no estado.

Tamén cabe sinalar que, actualmente os prezos da enerxía están por debaixo do ano 2011. Sen dúbida pola influencia que a enerxía eólica e hidráulica teñen no Pool.




miércoles, 17 de junio de 2015

O PREZO QUE PAGAMOS POLO GAS (Sen usalo)

No que vai de ano un total de 13 centrais de ciclo combinado de gas funcionaron cero horas e case outro tanto ocorreu o ano pasado en que traballaron só un día, segundo datos dos rexistros oficiais do regulador enerxético (CNMC) e o operador do sistema (REE). Estímase que en 2015 estas plantas reciban 63,5 millóns de euros en pagos por capacidade que, sumados aos 67 millóns que cobraron o ano pasado por este concepto, arroxa un saldo de 130,5 millóns. Precisamente, a potencia instalada destas 13 centrais, 5.903 MW, vén coincidir cos 6.000 MW que, segundo a proposta de planificación enerxética do Goberno até 2020, poderíanse hibernar, é dicir, sacalos do sistema por un tempo definido, pero pagando por estar parados.



Os pagos por capacidade, que os consumidores eléctricos abonan no prezo da enerxía da factura da luz, especialmente os domésticos, son un dobre incentivo que reciben estas centrais térmicas por estar dispoñibles e polo investimento realizado. Como a este último pago só teñen dereito os 10 anos seguintes á súa posta en marcha e tendo en conta que o parque de xeración con gas vai cumprindo unha década, os pagos por investimento están a piques de saldarse.
O peche de centrais solicitado polas eléctricas non responde a intereses do sistema, senón de rendibilidade.

O incentivo por dispoñibilidade que os ciclos reciben por estar preparados para ser activados polo operador do sistema en caso necesario (xeralmente, cando non hai vento para a produción eólica, pero algo esaxerado, tendo en conta que estamos a falar de 6.000MW), obriga a estes a ter un mantemento axeitado, e ter os contratos de gas en regra.

Á vista da demora do Goberno en aprobar o plan de hibernación de ciclos combinados que prometeu coa reforma eléctrica (e que, finalmente, foi descartado), tres empresas solicitaron no último ano o peche de catro centrais: Iberdrola, Arcos de la Frontera 3 e Castelló 3; Endesa, a de Colón (Huelva) e Eon, a súa planta de Tarragona. Curiosamente, dese catro, só dous figuran na lista das 13 centrais totalmente ociosas. Iberdrola, por exemplo, pediu o peche de Arcos 3, cando outros dous grupos do mesmo complexo (o 1 e o 2) estiveron totalmente parados dous anos. Entre as razóns está o que se pide o peche dos que teñen máis de 10 anos (que xa non reciben incentivo por investimento) e non o que aínda non os cumprise.

En certos ámbitos deuse a voz de alarma, especialmente pola situación das instalacións únicas propiedade de compañías independentes (GDF Suez, Alpiq ou ContourGlobal), que a pesar da crise non pediron o peche. Fontes do sector opinan que os pagos por capacidade permítenlles sobrevivir sempre que non manteñan contratos de gas. A dispoñibilidade real dun ciclo e se teñen ou non contratos só o pode comprovar a CNMC con inspeccións presenciais, engaden estas fontes.

Das peticións de peche, REE autorizou a de Castelló (referendada por Industria), pero todo indica que tamén terminarán recibindo luz verde clausúralas de Colón e Tarragona.


Fonte: Cinco días