jueves, 16 de abril de 2015

A limpar, que sopra o vento

Por resumir o seguinte artigo; unha vez máis, Galicia é vítima de decisións arbitrarias, que comprometen o seu desenrolo interno, e polo tanto, o seu futuro.
A planificación enerxética do Ministerio de Industria, deixa a Galicia fora de novas inversións en enerxía eólica. Onte Red Eléctrica de España, en rolda de prensa, admitiu que se a Xunta quere que se lle asigne máis potencia, ten que apurar a tramitar concesións.

Compre lembrar que, aínda estamos pendentes da execución dos 2.300 MW do ano 2006, polo que se perde o 90% dos postos de traballo do sector.

Por tanto, Red Eléctrica ven a dicir "Xunta, apura a limpar, que fai vento". Tal é como di este vello dito rural, que fai referencia á necesidade que se tiña de limpar o pan (trigo, centeo, avea...) cando soprava algo de vento, para separar o gran da muña.

Non parece serio o trato recibido dende o Ministerio de Industria, por parte da xunta, que supón, unha vez máis un ataque a soberanía de Galicia.



Red Eléctrica de España abre a porta a que Galicia sume máis eólica se apura permisos a parques.

A Xunta, que acumula o dobre de potencia da que lle reserva Industria até 2020, asegura que fará as xestións necesarias" para conseguir cambios na planificación.

A planificación do Ministerio de Industria para o sector eléctrico até 2020 supón un auténtico xerro de auga fría para as aspiracións enerxéticas da Xunta. Dos entre 4.800 e 5.500 megawatts (MW) de nova eólica contemplados para o que queda de década en función do reforzo de liñas a levar a cabo e o comportamento do consumo, a Galicia correspóndelle o 20%, uns 1.200 MW, como desvelou o pasado luns Andrés Seco, director xeral de Operación de Rede Eléctrica de España (REE).

Entre a potencia repartida no concurso -sen contar xa as renuncias e as anulacións por incumprimentos- e os proxectos pendentes de plans eólicos anteriores, a comunidade acumula o dobre de megawatts, case 2.400.

A publicación do desaxuste provocou un enorme enfado na Consellería de Economía, aínda que varias fontes do sector coinciden en que o departamento que dirixe Francisco Conde coñecía a situación porque a folla de ruta de investimentos e o calendario se debate con todas as autonomías. "A planificación incorporou case todas as nosas demandas e faremos as xestións necesarias para conseguir o resto", limitáronse onte a dicir na consellería. Hai posibilidades reais a que iso sexa así e que Galicia coloque máis parques? REE abre a porta "se se dá présa" á tramitación das instalacións.

A estimación da eólica a sumar até 2020 no conxunto do Estado vén de "criterios transparentes", segundo Seco. O Goberno pediu a REE que na súa proposta de planificación recollese esa cantidade máxima de 5.500 MW porque así se cumpría a obrigación de cubrir con renovables o 20% da demanda de electricidade no país. Con contrato técnico de acceso hai 200 MW. Insuficientes. Por iso a operadora do transporte eléctrico abriu o abanico a aquelas peticións con conexión concedida, o que elevou a posible potencia a 4.000. Como tampouco chegaban para o obxectivo do 20%, REE bota man das tramitacións nas que aínda falta documentación ou mesmo algunha das fases obrigadas. Son os 5.500, "dos que 1.200 están en Galicia".


A pesar das directrices de Industria, contundente co "exceso" de capacidade de xeración e a necesidade de pausar o ritmo de novas instalacións -de feito, a propia planificación prognostica que poidan hibernar até 6.000 MW en ciclos combinados que non se están usando-, dende REE sosteñen que podería haber tempo a aumentar a cota de Galicia. Sen máis obras na rede. Algo, indica a compañía, que "os promotores saben". "A foto fixa non sairá até o día seguinte da aprobación no Consello de Ministros da planificación", asegura Seco. Algo que el mesmo considera que non tardará porque a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia está a piques de emitir a súa análise sobre o programa de obras.


Pero por se a cuantificación de potencia a incluír non fose xa unha restrición importante, a planificación deixa fóra, polo menos de momento, dúas actuacións fundamentais para a evacuación da eólica galega tal e como se distribuíron os parques do concurso. O novo transformador da subestación de Ludrio e unha segunda liña na de Regoelle, onde por faltar aínda a construción da subestación.

Fonte da nova: Faro de Vigo