Por resumir o seguinte artigo; unha vez máis, Galicia é vítima de decisións arbitrarias, que comprometen o seu desenrolo interno, e polo tanto, o seu futuro.
A planificación enerxética do Ministerio de Industria, deixa a Galicia fora de novas inversións en enerxía eólica. Onte Red Eléctrica de España, en rolda de prensa, admitiu que se a Xunta quere que se lle asigne máis potencia, ten que apurar a tramitar concesións.
Compre lembrar que, aínda estamos pendentes da execución dos 2.300 MW do ano 2006, polo que se perde o 90% dos postos de traballo do sector.
Por tanto, Red Eléctrica ven a dicir "Xunta, apura a limpar, que fai vento". Tal é como di este vello dito rural, que fai referencia á necesidade que se tiña de limpar o pan (trigo, centeo, avea...) cando soprava algo de vento, para separar o gran da muña.
Non parece serio o trato recibido dende o Ministerio de Industria, por parte da xunta, que supón, unha vez máis un ataque a soberanía de Galicia.
Red
Eléctrica de España abre a porta a que Galicia sume máis eólica se apura
permisos a parques.
A
Xunta, que acumula o dobre de potencia da que lle reserva Industria
até 2020, asegura que fará as xestións necesarias" para
conseguir cambios na planificación.
A
planificación do Ministerio de Industria para o sector eléctrico
até 2020 supón un auténtico xerro de auga fría para as
aspiracións enerxéticas da Xunta. Dos entre 4.800 e 5.500 megawatts
(MW) de nova eólica contemplados para o que queda de década en
función do reforzo de liñas a levar a cabo e o comportamento do
consumo, a Galicia correspóndelle o 20%, uns 1.200 MW, como desvelou
o pasado luns Andrés Seco, director xeral de Operación de Rede
Eléctrica de España (REE).
Entre
a potencia repartida no concurso -sen contar xa as renuncias e as
anulacións por incumprimentos- e os proxectos pendentes de plans
eólicos anteriores, a comunidade acumula o dobre de megawatts, case
2.400.
A
publicación do desaxuste provocou un enorme enfado na Consellería
de Economía, aínda que varias fontes do sector coinciden en que o
departamento que dirixe Francisco Conde coñecía a situación porque
a folla de ruta de investimentos e o calendario se debate con todas
as autonomías. "A planificación incorporou case todas as nosas
demandas e faremos as xestións necesarias para conseguir o resto",
limitáronse onte a dicir na consellería. Hai posibilidades reais a
que iso sexa así e que Galicia coloque máis parques? REE abre a
porta "se se dá présa" á tramitación das instalacións.
A
estimación da eólica a sumar até 2020 no conxunto do Estado vén
de "criterios transparentes", segundo Seco. O Goberno pediu
a REE que na súa proposta de planificación recollese esa cantidade
máxima de 5.500 MW porque así se cumpría a obrigación de cubrir
con renovables o 20% da demanda de electricidade no país. Con
contrato técnico de acceso hai 200 MW. Insuficientes. Por iso a
operadora do transporte eléctrico abriu o abanico a aquelas
peticións con conexión concedida, o que elevou a posible potencia a
4.000. Como tampouco chegaban para o obxectivo do 20%, REE bota man
das tramitacións nas que aínda falta documentación ou mesmo
algunha das fases obrigadas. Son os 5.500, "dos que 1.200 están
en Galicia".
A
pesar das directrices de Industria, contundente co "exceso"
de capacidade de xeración e a necesidade de pausar o ritmo de novas
instalacións -de feito, a propia planificación prognostica que
poidan hibernar até 6.000 MW en ciclos combinados que non se están
usando-, dende REE sosteñen que podería haber tempo a aumentar a
cota de Galicia. Sen máis obras na rede. Algo, indica a compañía,
que "os promotores saben". "A foto fixa non sairá até
o día seguinte da aprobación no Consello de Ministros da
planificación", asegura Seco. Algo que el mesmo considera que
non tardará porque a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia
está a piques de emitir a súa análise sobre o programa de obras.
Pero
por se a cuantificación de potencia a incluír non fose xa unha
restrición importante, a planificación deixa fóra, polo menos de
momento, dúas actuacións fundamentais para a evacuación da eólica
galega tal e como se distribuíron os parques do concurso. O novo
transformador da subestación de Ludrio e unha segunda liña na de
Regoelle, onde por faltar aínda a construción da subestación.
Fonte da nova: Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario