jueves, 8 de octubre de 2015

Nova versión do borrador sobre o autoconsumo enerxético

O goberno do Partido Popular, case entrando no tempo en funcións, quere deixar atado, e ben atado o tema do autoconsumo enerxético.

Nova versión do Real Decreto

Unha nova versión do borrador do Real Decreto de autoconsumo eléctrico, á que tivo acceso elEconomista.es, impide explicitamente o autoconsumo compartido, é dicir, a posibilidade de que varios consumidores, como unha comunidade de veciños ou as empresas dun polígono industrial, fagan autoconsumo coa mesma instalación de xeración. Descárguese aquí o borrador de Real Decreto de autoconsumo eléctrico.

Poucos cambios sufriu o texto da futura norma tras saír do Consello de Estado. A actual redacción, que o Consello de Ministros pode aprobar nas próximas semanas, afina detalles, como establecer as peaxes que os autoconsumidores deberán abonar o ano que vén, pero apenas inclúe novos elementos relevantes:

O máis rechamante é a prohibición explícita de que varios consumidores, como os veciños dun edificio ou dunha urbanización, fagan autoconsumo cunha mesma instalación: "En ningún caso un xerador poderase conectar á rede interior de varios consumidores", reza o novo texto.

O autoconsumo compartido é unha modalidade que xa existe en California. Ten a vantaxe de que, ao sumar as necesidades dos distintos partícipes, é practicamente imposible que se produza máis enerxía da demandada instantaneamente, co que non hai inxección de excedentes ás redes eléctricas.

Se hai moita xeración distribuída e os eventuais excedentes do autoconsumo non se consumen localmente, evacuanse polas redes augas arriba.

Compartir as instalacións é a modalidade que máis incrementa a eficiencia enerxética e a máis indicada para loitar contra a pobreza enerxética, e moi axeitada para lugares de dispersión coma Galiza.

Provisional 'Imposto ao sol'

Outro dos cambios é a posibilidade de eliminar a exención do chamado imposto ao sol -pagar pola enerxía autoconsumida- ás instalacións menores de 10kW, propias dos fogares.
Aínda así, o borrador prima o defecto de inxección de enerxía á rede xa que o imposto ao sol será de aplicación se se produce "un crecemento do autoconsumo en relación á demanda ou un impacto sobre os custos do sistema significativo".

Entendo que a anterior frase subliñada, quere dicir que, aínda que teñas autoconsumo, temos que seguir consumindo o mesmo da rede exterior, a pesares de ter ao noso dispor a enerxía dunha fonte renovable, se non queremos pagar imposto.

Industria non se atreve a predicir o grao de éxito que terá o autoconsumo, porque depende de numerosos factores. Considera "ambicioso" que no prazo de tres anos, a razón de 100.000 autoconsumidores por ano, chégueno a ser o 1% dos 29 millóns de consumidores actuais.


Non parece que teñamos motivos para estar contentos