O
goberno do Partido Popular, case entrando no tempo en funcións,
quere deixar atado, e ben atado o tema do autoconsumo enerxético.
Nova versión do Real Decreto
Unha
nova versión do borrador do Real Decreto de autoconsumo eléctrico,
á que tivo acceso elEconomista.es,
impide explicitamente o autoconsumo compartido, é dicir, a
posibilidade de que varios consumidores, como unha comunidade de
veciños ou as empresas dun polígono industrial, fagan autoconsumo
coa mesma instalación de xeración. Descárguese
aquí o borrador de Real Decreto de autoconsumo eléctrico.
Poucos
cambios sufriu o texto da futura norma tras saír do Consello de
Estado. A actual redacción, que o Consello de Ministros pode aprobar
nas próximas semanas, afina detalles, como establecer as peaxes que
os autoconsumidores deberán abonar o ano que vén, pero apenas
inclúe novos elementos relevantes:
O
máis rechamante é a prohibición explícita de que varios
consumidores, como os veciños dun edificio ou dunha urbanización,
fagan autoconsumo cunha mesma instalación: "En ningún caso un
xerador poderase conectar á rede interior de varios consumidores",
reza o novo texto.
O
autoconsumo compartido é unha modalidade que xa existe en
California. Ten a vantaxe de que, ao sumar as necesidades dos
distintos partícipes, é practicamente imposible que se produza máis
enerxía da demandada instantaneamente, co que non hai inxección de
excedentes ás redes eléctricas.
Se
hai moita xeración distribuída e os eventuais excedentes do
autoconsumo non se consumen localmente, evacuanse polas redes augas
arriba.
Compartir
as instalacións é a modalidade que máis incrementa a eficiencia
enerxética e a máis indicada para loitar contra a pobreza
enerxética, e moi axeitada para lugares de dispersión coma Galiza.
Provisional
'Imposto ao sol'
Outro
dos cambios é a posibilidade de eliminar a exención do chamado
imposto ao sol -pagar pola enerxía autoconsumida- ás instalacións
menores de 10kW, propias dos fogares.
Aínda
así, o borrador prima o defecto de inxección de enerxía á rede xa
que o imposto ao sol será de aplicación se se produce "un
crecemento do autoconsumo en relación á demanda ou un impacto sobre
os custos do sistema significativo".
Entendo
que a anterior frase subliñada, quere dicir que, aínda que teñas
autoconsumo, temos que seguir consumindo o mesmo da rede exterior, a
pesares de ter ao noso dispor a enerxía dunha fonte renovable, se
non queremos pagar imposto.
Industria
non se atreve a predicir o grao de éxito que terá o autoconsumo,
porque depende de numerosos factores. Considera "ambicioso"
que no prazo de tres anos, a razón de 100.000 autoconsumidores por
ano, chégueno a ser o 1% dos 29 millóns de consumidores actuais.
Non
parece que teñamos motivos para estar contentos
No hay comentarios:
Publicar un comentario