Moi coñecida esa frase, referida aos concellos, de que son “a
administración máis achegada á xente”, polo que son, ou deben de
ser a primeira liña da loita dos servizos sociais. A punta de lanza
que ten que dar a primeira resposta sobre as necesidades da
veciñanza.
A miúdo isto non se cumpre, e vemos casos de desleixo, de desamparo, de
falta de compromiso, ou de exceso de burocracia, que provocan que non
se cubran as necesidade básicas das persoas ou servizos que a
administración debe de soportar.
Do medio da faldra do Xistral, xorde un exemplo de compromiso
político, dende o concello, coa súa veciñanza.
Muras, un concello de menos de 700 habitantes, ven de aprobar unha
ordenanza revolucionaria.
Axuda
ao pagamento
da factura da luz a todos os veciños e veciñas
O goberno municipal do BNG, ven de artellar as bases para que a
veciñanza de Muras poida ter un apoio dende o concello para pagar a
factura da luz.
“Se nos montes de Muras temos case 400 aeroxeradores, dalgunha
maneira ten que reverter no conxunto das veciñas e veciños”. Esta
é un dos motivos que o alcalde do BNG, Manuel Requeijo, esgrime para
facer ver cal é o espírito desta ordenanza.
As bases desta axuda contemplan tramos que van dende 200€ ata 500€
ao ano, segundo o nivel de renda da familia que solicite.
Tamén se contempla axudas para o comercio, e a pequena industria.
Para evitar que, o abaratamento do recibo, provoque un incremento do
consumo, tamén se establecen límites para o mesmo.
Ao marxe de ser unha axuda económica directa sobre o consumo
enerxético; esta medida tamén pretende ser un antídoto contra a
pobreza enerxética, incidindo con máis intensidade naqueles casos
que máis o precisan.
Tamén é un activo para que Muras se converta nun polo de atracción
para futuros veciños, co que se pretende aumentar o censo, de xeito
directo ou indirecto.
Pero tamén é un incentivo á economía local de proximidade,
permitindo aos pequenos e medianos comerciantes, ter un alivio na súa
conta anual, o cal de seguro axuda a non pechar comercios, nunha área
onde as grandes superficies non teñen implantación.... nin se
agarda por elas.
En definitiva, unha excelente iniciativa, dun goberno do BNG ao que
non lle tremou o pulso á hora de enfrontarse ao lobi enerxético.
Que permite visualizar practicamente as ferramentas que se precisan
para construír país.
Valente exemplo de xestión, e bo facer, práctica directa que
conecta coa iniciativa política do partido do grupo de goberno, que
no seu programa electoral conta cunha proposta de “Tarifa Eléctrica
Galega”.
Agardemos que non se trate dun caso illado, e que este exemplo se
replique no resto dos concellos da nosa terra.
Dende este blogue, queremos felicitar publicamente ao grupo de
goberno do concello de Muras.
Para descargar a ordenanza pica acó
Para ver os anexos das bases pica acó
Web do concello de MurasACIG saúda a iniciativa do Concello de Muras de bonificar o prezo do recibo da luz á súa poboación