Este fin de semana celebrouse no recinto feiral do 13, en Narón a primeira edición da feira das enerxías limpas e a construción bioclimática.
O certame contou cunha ducia de expositores, que representaban a maioría das aplicacións domésticas das enerxías renovables, os métodos de construción de alta eficiencia, e tamén unha parte de mobilidade sostible.
Os asistentes puideron comprobar que tanto a biomasa, como a xeotérmica, son fontes de enerxía cun presente sólido e un futuro prometedor.
Tamén se contaba cun espazo para probar un pequeno vehículo eléctrico, ou bicicletas con motor eléctrico auxiliar.
Non me podo esquecer de mencionar que, aínda que non fixo moito sol, o domingo pola tarde tivemos unha degustación de flocos de millo, elaborados nunha cociña solar.
Pola nosa parte tocouno levar un taller de condución eficiente, para que os asistentes puidesen levar unha noción clara do aforro que se pode obter, ao aplicar as técnicas de condución eficiente.
Ao marxe da valoración da asistencia de público, que dado que era unha primeira edición, non foi de todo satisfactoria, si podemos valorar a iniciativa do concello de Narón de xeito moi positivo.
Este tipo de eventos axudan a difundir e achegar o uso das enerxías renovables ao cidadán de a pe. Axudando a que un maior número de persoas se decanten pola solar, biomasa ou xeotérmica á hora de climatizar a súa vivenda ou o seu negocio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario