É ben seguro que todos tivemos algún
que outro problema coa factura da luz.
A meirande partes destes problemas,
radica na obriga que teñen as empresas comercializadoras de
electricidade en facer facturas mensuais.
Esta obriga non sería un problema se,
mes a mes, se fixese unha lectura mensual do contador. Pero non é
así, un mes faise lectura real, e ao mes seguinte faise unha
estimación.
Nesta estimación é onde veñen os
problemas, posto que, aínda que é un sistema procedementado e
regulado, o xeito de aplicalo non sempre concorda coa realidade, e
pode ser que nun mes pagues a enerxía consumida en dous.
A efectos de consumo e de contabilidade
enerxética, isto non é problema, posto que a fin de ano, vas pagar
os kWh que realmente consumes. O problema é de contabilidade
doméstica, xa que non sempre se ten dispoñible o capital preciso
para facer fronte aos pagos que esixe a compañía eléctrica , aínda
que estes sexan estimados.
Legalmente tampouco se pode facer moita
cousa, xa que hai dúas resolucións da Dirección Xeral de Política
Enerxética e Minas (14 de maio de 2009 e do 24
de maio de 2011) que
indican como facer as estimacións.
Pois ben, isto rematou.
A partires do 1 de abril deste ano, xa
non se poden estimar as lecturas, hai que facer medicións bimensuais
dos contadores.
Isto ben regulado no Real Decreto1718/2012, onde se indican aspectos tan importantes como:
- A lectura do contador ten que ser bimensual, e por tanto a factura tamén.
- Se non se pode acceder ao contador, deberase deixar un aviso, sinalando neste o teléfono e a páxina web da compañía encargada de facer a lectura, para que o cliente poida facilitar a medida el mesmo.
- Se pasados dous meses, o cliente non facilita as lecturas, a compañía poderá facer estimacións, segundo a lexislación vixente.
- Dase a opción de que se sigan facendo lecturas estimadas, previo consentimento do cliente.
- Tamén se facilita que as comercializadoras fagan “tarifa plana”, é dicir, que pasen unha cota fixa mensual, e a fin de ano, regularizase.
Dende o meu punto de vista, este RD
volta as cousa á normalidade, evitando tramitar unha morea de
reclamacións por culpa de estimacións de consumo desproporcionadas.
A opción de seguir facturando mes a
mes, cunha mensualidade estimada, e outra real, pode ser positiva
para aqueles consumidores que prefiren “amortecer” a factura
eléctrica. Poño como exemplo, un consumo de 500 kWh en dous meses,
supón unha factura de 111'30€, se esta é bimensual. Se nos fan
unha factura estimada, e outra real, poderemos pagar 84,45€ nun
mes, e 26,85€ ao mes seguinte (caso máis desfavorable,
normalmente, os importes de cada factura deberían ser máis
parellos).
Tócalle a cada un valorar se lle
interesa esta opción, aínda a costa de levar algún que outro susto
nas estimacións. Lémbrovos que para fagan estimacións a partires
de abril, hai que acordalo coa comercializadora, non será de xeito
automático.
O sistema de “tarifa plana”, pode
resultar atractivo, dende o punto de vista da previsión do gasto
doméstico. Sabemos certamente o que imos pagar cada mes, sen
preocuparnos de consumos nin estimacións. Agora ben, a fin de ano
hai que regular as facturas, e podemos levar sorpresas desagradables.
Dende o meu punto de vista, o sistema
de tarifa plana, sácanos de diante un factor primordial, como é o
coñecemento do consumo. Seguro que ningún de vos sabe o que consume
cada mes, pero cando unha factura da luz se sae do normal, corremos a
apagar as luces.
Se temos que agardar a fin de ano para
coñecer o consumo do noso fogar, vai ser moi tarde para rectificar,
xa non teremos tempo de apagar as luces, e teremos que pagar tódolos
excesos cometidos.
Tamén hai que sumar unha dificultade
engadida a todo isto. Sabemos que a tarifa de último recurso cambia
cada tres meses, e moitas veces incluso se ve alterada por sentencias
xudiciais e outros factores, por tanto, chegado fin de ano, revisar a
correcta aplicación de cada prezo, no seu tramo temporal, pode ser
un traballo de chinos.
A comercializadora vaivos mandar unha
carta, xunto coa factura de febreiro, ou marzo, onde vos explicaran,
máis ou menos, o que vos acabo de contar.
A carta é esta:
Carta informativa
relativa á entrada en vigor da facturación bimestral
Informámolo de que o pasado día 15 de
febreiro entrou en vigor o Real decreto 1718/2012, do 27 de
decembro, polo que se determina o
procedemento para realizar a lectura e a facturación
das
subministracións de enerxía en baixa tensión con potencia
contratada non superior a
15 kW.
De acordo con este, a facturación da
enerxía que consuma a partir do 1 de abril de
2013 pasará a
realizarse cunha periodicidade bimestral en lugar de mensualmente
como
ata a data, e a partir de lecturas reais dos seus consumos.
Naquelas subministracións en que o
contador non estea accesible, a empresa
distribuidora que debe
realizar a lectura deberalle deixar un aviso de imposible lectura. Se
este é o seu caso, vostede poderá proporcionar a lectura do dito
equipamento
directamente a través do teléfono ou da páxina web
que se indique no dito aviso.
Adicionalmente, vostede poderá
acordar, de maneira expresa, coa empresa
comercializadora a
realización de facturacións mensuais baseadas en consumos reais e
estimados ou ben a facturación dunha cota fixa mensual e unha
regularización anual
posterior.
Por último, indícaselle que no
futuro, cando os novos equipamentos de medición con
capacidade de
telexestión se integren nos correspondentes sistemas de
telemedición, a
lectura e facturación se realizarán cunha
periodicidade mensual.
Esta comunicación ten carácter
informativo.
Á espera de lle ofrecer mellor
servizo, reciba un cordial saúdo.
Asdo.:……………………………………
(Nome da empresa comercializadora).
No hay comentarios:
Publicar un comentario