miércoles, 17 de junio de 2015

O PREZO QUE PAGAMOS POLO GAS (Sen usalo)

No que vai de ano un total de 13 centrais de ciclo combinado de gas funcionaron cero horas e case outro tanto ocorreu o ano pasado en que traballaron só un día, segundo datos dos rexistros oficiais do regulador enerxético (CNMC) e o operador do sistema (REE). Estímase que en 2015 estas plantas reciban 63,5 millóns de euros en pagos por capacidade que, sumados aos 67 millóns que cobraron o ano pasado por este concepto, arroxa un saldo de 130,5 millóns. Precisamente, a potencia instalada destas 13 centrais, 5.903 MW, vén coincidir cos 6.000 MW que, segundo a proposta de planificación enerxética do Goberno até 2020, poderíanse hibernar, é dicir, sacalos do sistema por un tempo definido, pero pagando por estar parados.



Os pagos por capacidade, que os consumidores eléctricos abonan no prezo da enerxía da factura da luz, especialmente os domésticos, son un dobre incentivo que reciben estas centrais térmicas por estar dispoñibles e polo investimento realizado. Como a este último pago só teñen dereito os 10 anos seguintes á súa posta en marcha e tendo en conta que o parque de xeración con gas vai cumprindo unha década, os pagos por investimento están a piques de saldarse.
O peche de centrais solicitado polas eléctricas non responde a intereses do sistema, senón de rendibilidade.

O incentivo por dispoñibilidade que os ciclos reciben por estar preparados para ser activados polo operador do sistema en caso necesario (xeralmente, cando non hai vento para a produción eólica, pero algo esaxerado, tendo en conta que estamos a falar de 6.000MW), obriga a estes a ter un mantemento axeitado, e ter os contratos de gas en regra.

Á vista da demora do Goberno en aprobar o plan de hibernación de ciclos combinados que prometeu coa reforma eléctrica (e que, finalmente, foi descartado), tres empresas solicitaron no último ano o peche de catro centrais: Iberdrola, Arcos de la Frontera 3 e Castelló 3; Endesa, a de Colón (Huelva) e Eon, a súa planta de Tarragona. Curiosamente, dese catro, só dous figuran na lista das 13 centrais totalmente ociosas. Iberdrola, por exemplo, pediu o peche de Arcos 3, cando outros dous grupos do mesmo complexo (o 1 e o 2) estiveron totalmente parados dous anos. Entre as razóns está o que se pide o peche dos que teñen máis de 10 anos (que xa non reciben incentivo por investimento) e non o que aínda non os cumprise.

En certos ámbitos deuse a voz de alarma, especialmente pola situación das instalacións únicas propiedade de compañías independentes (GDF Suez, Alpiq ou ContourGlobal), que a pesar da crise non pediron o peche. Fontes do sector opinan que os pagos por capacidade permítenlles sobrevivir sempre que non manteñan contratos de gas. A dispoñibilidade real dun ciclo e se teñen ou non contratos só o pode comprovar a CNMC con inspeccións presenciais, engaden estas fontes.

Das peticións de peche, REE autorizou a de Castelló (referendada por Industria), pero todo indica que tamén terminarán recibindo luz verde clausúralas de Colón e Tarragona.


Fonte: Cinco días

No hay comentarios:

Publicar un comentario