Imposto ao sol | carme adán en blogue:
'via Blog this'
jueves, 18 de junio de 2015
miércoles, 17 de junio de 2015
O PREZO QUE PAGAMOS POLO GAS (Sen usalo)
No que vai de ano un total de 13 centrais de ciclo
combinado de gas funcionaron cero horas e case outro tanto ocorreu o
ano pasado en que traballaron só un día, segundo datos dos
rexistros oficiais do regulador enerxético (CNMC) e o operador do
sistema (REE). Estímase que en 2015 estas plantas reciban 63,5
millóns de euros en pagos por
capacidade que, sumados aos 67 millóns
que cobraron o ano pasado por este
concepto, arroxa un saldo de 130,5
millóns. Precisamente, a potencia
instalada destas 13 centrais, 5.903 MW, vén coincidir cos 6.000 MW
que, segundo a proposta de planificación enerxética do Goberno até
2020, poderíanse hibernar, é dicir, sacalos do sistema por un tempo
definido, pero pagando por estar parados.
Os pagos por capacidade, que os consumidores eléctricos abonan no
prezo da enerxía da factura da luz, especialmente os domésticos,
son un dobre incentivo que reciben estas centrais térmicas por estar
dispoñibles e polo investimento realizado. Como a este último pago
só teñen dereito os 10 anos seguintes á súa posta en marcha e
tendo en conta que o parque de xeración con gas vai cumprindo unha
década, os pagos por investimento están a piques de saldarse.
O peche de centrais solicitado polas eléctricas non responde a
intereses do sistema, senón de rendibilidade.
O incentivo por dispoñibilidade que os ciclos reciben por estar
preparados para ser activados polo operador do sistema en caso
necesario (xeralmente, cando non hai vento para a produción eólica,
pero algo esaxerado, tendo en conta que estamos a falar de 6.000MW),
obriga a estes a ter un mantemento axeitado, e ter os contratos de
gas en regra.
Á vista da demora do Goberno en aprobar o plan de hibernación de
ciclos combinados que prometeu coa reforma eléctrica (e que,
finalmente, foi descartado), tres empresas solicitaron no último ano
o peche de catro centrais: Iberdrola, Arcos de la Frontera 3 e
Castelló 3; Endesa, a de Colón (Huelva) e Eon, a súa planta de
Tarragona. Curiosamente, dese catro, só dous figuran na lista das 13
centrais totalmente ociosas. Iberdrola, por exemplo, pediu o peche de
Arcos 3, cando outros dous grupos do mesmo complexo (o 1 e o 2)
estiveron totalmente parados dous anos. Entre as razóns está o que
se pide o peche dos que teñen máis de 10 anos (que xa non reciben
incentivo por investimento) e non o que aínda non os cumprise.
En certos ámbitos deuse a voz de alarma, especialmente pola
situación das instalacións únicas propiedade de compañías
independentes (GDF Suez, Alpiq ou ContourGlobal), que a pesar da
crise non pediron o peche. Fontes do sector opinan que os pagos por
capacidade permítenlles sobrevivir sempre que non manteñan
contratos de gas. A dispoñibilidade real dun ciclo e se teñen ou
non contratos só o pode comprovar a CNMC con inspeccións
presenciais, engaden estas fontes.
Das peticións de peche, REE autorizou a de Castelló (referendada
por Industria), pero todo indica que tamén terminarán recibindo luz
verde clausúralas de Colón e Tarragona.
Fonte: Cinco
días
Suscribirse a:
Entradas (Atom)