miércoles, 6 de enero de 2010

España lidera o maior proxecto mundial de enerxía oceánica


Como ben sabemos, a enerxía oceánica -tamén coñecida como enerxía mariña ou maremotriz- é unha enerxía limpa e, por ende, pertence ao grupo das enerxías renovables. Recén comezado este ano 2010, chéganos a boa noticia de que España lidera o maior proxecto de investigación de enerxía mariña a nivel mundial.


O maior proxecto mundial de I+D+i é español, será desenvolvido por un consorcio que liderará Iberdrola Ingeniería e contará coa participación de 25 centros de invesigación e 19 empresas españolas. Este proxecto, chamado "Ocean Lider", apunta á investigación de enerxías renovables oceánicas e é o maior proxecto mundial neste área. O seu presuposto alcanza os trinta millóns de euros.

Segundo o informado por Iberdrola, o obxectivo do proxecto é desenvolver as tecnoloxías que fagan falta para poder implantar instalacións integradas e aproveitar, deste modo, as enerxías renovables océanicas como as correntes mariñas e as ondas.

Estímase que se se levan a cabo as ideas deste proxecto "Ocean Lider" con éxito, os resultados obtidos lograrán un forte impacto tanto no social como no económico e, por suposto, no medio. Se "Ocean Lider" funciona como se espera, España converterase en líder mundial no sector das enerxías renovables.

É innegable que a noticia é moi boa. Estamos a falar dun proxecto de investigación completamente innovador e coa satisfacción de que o noso país será o encargado de lideralo. Se os resultados son positivos, tal como se espera, España quedará moi ben posicionada con respecto ao resto dos países do mundo no que fai ás enerxías renovables e, puntualmente, converterase no país pioneiro en investigación de enerxía oceánica. Que mellor que comezar o ano así?


Fonte: Erenovable

No hay comentarios:

Publicar un comentario