Poucas persoas actualmente oíron falar ou saben quen foi, ao meu xuízo, un dos xenios máis grandes da historia da humanidade: Nikola Tesla. Naceu en Smiljan (Croacia) en 1856, morreu en Nova York (EE. UU.)en 1943. É difícil describir a unha figura irrepetible como esta, empezarei dicindo que Tesla inventou a CORRENTE ALTERNA e o MOTOR DE INDUCCION ELECTROMAGNETICA, O CONTROL REMOTO.
Foi o primeiro en alimentar unha poboación con fluído eléctrico alterno, procedente da central hidroeléctrica das cataratas do Niágara (tamén deseñada por el, e actualmente segue en funcionamento). As súas investigacións abrangueron case todos os campos: termodinámica, radiacións, enerxía solar, raios X e cósmicos, fotografa, fluorescencia, automática, robótica, electromagnetismo... Fue o verdadeiro inventor da RADIO. Marconi apropiaríase da idea básica de Tesla, os dous circuítos adaptados en resonancia; Tesla, so, non puido loitar contra Marconi e Edison, cabezas dunha das empresas máis poderosas e influentes naquel entón (e agora) do mundo: a Geral Electric, se ben, a Corte Suprema americana deulle a razón ao xenio de orixe iugoslava, a gloria (e o diñeiro) levoulla o italiano.
Sen dúbida foi un home adiantado ao seu tempo, tanto polos seus inventos coma pola súa concepción do mundo, e a relación do home coa enerxía. Cuestionou o uso das enerxías fósiles, e patentou inventos para aproveitar a enerxía solar térmica, xeotérmica. Non ten consideración de “Pai das Enerxías Renovables”. Título que dende este foro, eu reivindico para este gran home.
Para saber máis:
No hay comentarios:
Publicar un comentario