Estes días o sector eólico toma algo de folgos, logo da publicación, por parte da Consellaría de Economía e Industria, da orde pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais.
Con esta orde, pretendese darlle oportunidade ás empresas que tiñan plans eólicos empresariais, para solicitar a instalación de potencia, que aínda non instalaran, pola causa que fose.
En total son 261'37 MW. Fenosa con 57'35 MW, e Gamesa con 42'31MW, e Total-Fina con 41 MW, son as que máis potencia tiñan pendente, seguidas por Galenova (33 MW),Eurovento (28'5 MW), Fergo (23'57 MW) e Touriñan (15'35 MW).
O resto de empresas, ata 15 en total, repartense os 20'29 MW restantes.
Esta situación de "adxudicación pendente", xa viña recoñecida polo decreto decreto 242/2007, aínda que logo, na resolución, tamén derogada, do 26 de decembro de 2008, non se fixo reserva de potencia para os plan eólicos empresariais en desenrolo.
A nova foi acollida con satisfacción pola patronal eólica galega, EGA. Tal e como manifestou onte o seu secretario xeneral , Íñigo Muniozguren, dentro da mesa redonda, organizada polo Correo Gallego , "Energías Renovables y Cambio Climático"
Agardamos que a partires de agora "sopren novos ventos" para o sector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario