Fai
tempo que non escribo neste medio, non por non ter que contar, senón
porque fai falla acertar co enfoque para contalo. E eu de habilidades
comunicativas, ando moi xusto.
O
tema que nos ocupa hoxe, é moi recorrente, pero non por isto falto
de actualidade.
Unha
vez mais, e xa van moitas, o lobbi enerxético impón os seus
criterios, por diante do interese común.
Imos
poñer tódolos datos en perspectiva, para ter unha mellor visión da
problemática.
Os
consumidores que contan cunha potencia contratada inferior a 10 kW,
teñen dereito a acollerse á tarifa regulada polo estado. Nomeada
Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC).
Dentro
desta tarifa, o prezo da enerxía consumida págase ao prezo do
mercado Pool, e o custe da potencia contratada componse das peaxes de
acceso, e dun marxe comercial de € por kW contratado e ano.
Este
marxe comercial, que para un consumidor medio supón ao redor de 16 €
ano ano, que segundo as empresas comercializadoras de referencia (as
5 grandes) é insuficiente para sufragar os custes de
comercialización.
Pois
ben, o Tribunal Supremo, ven de sentenciar, o pasado 30 , a favor da
demanda de Iberdrola e Gas natural Fenosa, de ampliar este marxe
comercial.
O
Tribunal Supremo tomou a decisión baseando se nun informe da
Comisión Nacional Dos Mercados e a Competencia (CNMC), informe que
se pode descargar dende esta ligazón:
Canto
temos que pagar?
Segundo
o informe da CNMC, os consumidores que pagaban 4 € por kW
contratado e ano, pasarán a pagar 5,24 €, o que aplicado ao
exemplo anterior, supón 20,96€ anuais, ou un incremento de case 5
€, que en porcentaxes sería un 31%.
Para
o caso dos clientes con discriminación horaria, o incremento é
lixeiramente inferior.
Dende
cando se vai aplicar?
Se
facemos caso ao que di a sentenza, esta será retroactiva dende o 1
de abril do ano 2014, o que supón 27 mensualidades, 2,79€ por kW e
ano. Voltando ao exemplo serían 11,16€.
O
que non sabemos, de momento, é como se vai pagar, en cantas
mensualidades se aplicará, porque quen o ten que decidir finalmente,
é o Consello de Ministros.
Namentres
esteamos facendo a dixestión das sardiñas e o licor café, das
cacheiradas de San Xoán, o Consello de Ministros en funcións,
decidirá como vai aplicar esta sentenza, no referente aos prazos e
porcentaxes.
Previsiblemente
a decisión final, será publicada no Boletín Oficial do Estado do
vindeiro sábado 25.
Algo
mais?
Pois
si. A sentenza deixa aberta a posibilidade de que as
comercializadoras de mercado libre, cobre polos seus custes de
comercialización, que segundo o estudo da CNMC serías 56€ por
consumidor.
Neste
punto, e sen coñecer a resolución final do Ministerio, non se pode
facer unha valoración completa. Pero parece ilóxico que , nun
mercado liberalizado, nunha economía capitalista, empresas que
queren captar clientes, reciban unha compensación por este feito.
Isto
ven a ser o mesmo ca se cando imos comprar unha camisa, nos cobrasen
un plus por ter o comercio aberto.
De
futuro
Observando
a evolución dos mercados, especialmente do intradiario, e tendo como
referencia o prezo dos combustíbeis fósiles, non é difícil de
augurar unha alza nos prezos da enerxía eléctrica no estado.
Tamén
cabe sinalar que, actualmente os prezos da enerxía están por
debaixo do ano 2011. Sen dúbida pola influencia que a enerxía
eólica e hidráulica teñen no Pool.