jueves, 23 de junio de 2016

Subida do recibo eléctrico, con carácter retroactivo

Fai tempo que non escribo neste medio, non por non ter que contar, senón porque fai falla acertar co enfoque para contalo. E eu de habilidades comunicativas, ando moi xusto.

O tema que nos ocupa hoxe, é moi recorrente, pero non por isto falto de actualidade.

Unha vez mais, e xa van moitas, o lobbi enerxético impón os seus criterios, por diante do interese común.

Imos poñer tódolos datos en perspectiva, para ter unha mellor visión da problemática.

Os consumidores que contan cunha potencia contratada inferior a 10 kW, teñen dereito a acollerse á tarifa regulada polo estado. Nomeada Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC).

Dentro desta tarifa, o prezo da enerxía consumida págase ao prezo do mercado Pool, e o custe da potencia contratada componse das peaxes de acceso, e dun marxe comercial de € por kW contratado e ano.

Este marxe comercial, que para un consumidor medio supón ao redor de 16 € ano ano, que segundo as empresas comercializadoras de referencia (as 5 grandes) é insuficiente para sufragar os custes de comercialización.

Pois ben, o Tribunal Supremo, ven de sentenciar, o pasado 30 , a favor da demanda de Iberdrola e Gas natural Fenosa, de ampliar este marxe comercial.

O Tribunal Supremo tomou a decisión baseando se nun informe da Comisión Nacional Dos Mercados e a Competencia (CNMC), informe que se pode descargar dende esta ligazón: 


Canto temos que pagar?

Segundo o informe da CNMC, os consumidores que pagaban 4 € por kW contratado e ano, pasarán a pagar 5,24 €, o que aplicado ao exemplo anterior, supón 20,96€ anuais, ou un incremento de case 5 €, que en porcentaxes sería un 31%.

Para o caso dos clientes con discriminación horaria, o incremento é lixeiramente inferior.

Dende cando se vai aplicar?

Se facemos caso ao que di a sentenza, esta será retroactiva dende o 1 de abril do ano 2014, o que supón 27 mensualidades, 2,79€ por kW e ano. Voltando ao exemplo serían 11,16€.

O que non sabemos, de momento, é como se vai pagar, en cantas mensualidades se aplicará, porque quen o ten que decidir finalmente, é o Consello de Ministros.

Namentres esteamos facendo a dixestión das sardiñas e o licor café, das cacheiradas de San Xoán, o Consello de Ministros en funcións, decidirá como vai aplicar esta sentenza, no referente aos prazos e porcentaxes.

Previsiblemente a decisión final, será publicada no Boletín Oficial do Estado do vindeiro sábado 25.

Algo mais?

Pois si. A sentenza deixa aberta a posibilidade de que as comercializadoras de mercado libre, cobre polos seus custes de comercialización, que segundo o estudo da CNMC serías 56€ por consumidor.

Neste punto, e sen coñecer a resolución final do Ministerio, non se pode facer unha valoración completa. Pero parece ilóxico que , nun mercado liberalizado, nunha economía capitalista, empresas que queren captar clientes, reciban unha compensación por este feito.

Isto ven a ser o mesmo ca se cando imos comprar unha camisa, nos cobrasen un plus por ter o comercio aberto.

De futuro

Observando a evolución dos mercados, especialmente do intradiario, e tendo como referencia o prezo dos combustíbeis fósiles, non é difícil de augurar unha alza nos prezos da enerxía eléctrica no estado.

Tamén cabe sinalar que, actualmente os prezos da enerxía están por debaixo do ano 2011. Sen dúbida pola influencia que a enerxía eólica e hidráulica teñen no Pool.




No hay comentarios:

Publicar un comentario