miércoles, 27 de julio de 2011

As eléctricas apretan aos concellos

Alcaldes novos, vida nova. Iso é o que deberon pensar as eléctricas españolas tras as eleccións locais do 22 de maio. Está en xogo recuperar unha débeda por facturas de luz impagadas que crece como a espuma, aproveitando para iso o cambio de Goberno e que a crise económica aperta de xeito abondo. É máis, desde fai catro meses intensificáronse as peticións de pago, e nalgúns casos, como o de Endesa no concello de Xerez, xa se deron ordes de cortar a subministración. 

O importe da débeda coas eléctricas das corporacións locais é pouco menos que un segredo de Estado dentro das compañías. Non soltan peza e os concellos non reflicten moitas facturas nunha contabilidade que tampouco é pública, porque en bastantes ocasións estas dormen nalgún caixón do consistorio esperando tempos mellores. Pero cunha débeda viva por todos os conceptos próxima aos 29.000 millóns de euros, os expertos do sector calculan que a cantidade que se debe ás eléctricas pode ser inxente. 

Xa se coñecen casos concretos que non convidan o optimismo. Por exemplo, o Consell de Ibiza debe a Endesa 480.000 euros por facturas impagadas desde 2010, segundo publicou a prensa local. No concello de Jerez de la Frontera (Cádiz), a débeda con Endesa vaise aos 4,2 millóns de euros, o 4% dos 98 millóns que debe este consistorio, polo que xa houbo cortes nalgunhas instalacións. Segundo informa Lavozdigital.es, a eléctrica non só esixe un acordo serio para o pago da débeda antiga e garantías do pago do corrente, senón que para devolver a luz a todas as instalacións afectadas pide un pago de case un millón de euros.

Hai máis exemplos. En Coín (Málaga) o concello debe a Endesa 400.000 euros en facturas de luz dende decembro de 2010 até a data, aínda que aquí a eléctrica decidiu non cortar a subministración. No entanto, solicitou aos responsables municipais un plan de pagos para porse ao día. No concello de Las Palmas de Gran Canaria non tiveron tanta sorte e a luz cortouse temporalmente a finais de abril con motivo dunha débeda de 1 millón de euros con Endesa. 

En Murcia, tal e como publicou Laverdad.es, cinco concellos incumpren os acordos asinados con Iberdrola para ir pagando a débeda contraída. Por exemplo, en Abarán, tiveron que ingresar urxentemente 100.000 euros a Iberdrola a conta dunha débeda de 350.000 euros ante a ameaza de corte por parte da empresa. 

Non estar no mercado libre, unha ruína

Nestes casos houbo avisos de cortes de luz e nalgúns até interrupcións temporais da subministración, o que en teoría esta fóra da legalidade. Todos estes problemas teñen a súa orixe no complexo sistema que regula a subministración eléctrica, e no feito de que a luz é un servizo moi difícil de contratar nos concellos. A cuestión é que un contrato pode levar moitos puntos, diferentes tensións de subministración (alta ou baixa) e unha gran cantidade de variables que veñen moitas veces grandes a alcaldes e técnicos municipais. 

Até 1996 non había moitos problemas, porque había unha tarifa regulada e un único operador. Dende entón, o Goberno ten que ir dando pasos cara á liberalización do sector eléctrico. No marco deste proceso, o Real Decreto 485/2009 recolle o corte da subministración a aqueles concellos que non teñan contratado unha comercializadora a prezo libre antes de finais deste ano. É dicir, esta norma trata de presionar aos concellos (pero tamén aos particulares) para que migren ao mercado libre. 

O problema para os consistorios é que as eléctricas detectanos como clientes de alto risco e morosos en potencia, polo que moitos concursos de subministración quedáronse desertos. Desta forma, o concello que agora mesmo non estea no mercado libre debe pagar a Tarifa de Último Recurso (TUR) máis unha penalización do 20%. 
Aparte desta penalización, tamén se lle impide disfrutar da discriminación horaria. E dicir, pagar máis barata a enerxía que se consume en horario nocturno. Tendo en conta que ao redor do 40% da enerxía eléctrica que se consume nun concello galego, corresponde ao alumado público, podemos calcular que os concellos que aínda estean acollidos á TUR, están pagando un recargo do 60%.

Este prezo resulta excesivo para moitos concellos, que teñen unha contratación de luz claramente ineficiente. A mellor opción consiste en racionalizar a compra de subministración eléctrica porque só con saír da TUR máis a recarga pódense conseguir aforros. Agora ben, o experto recoñece que os aforros tampouco se poden garantir porque ao pedir ofertas, as eléctricas adoitan mantelas vixentes todo o máis unha semana. Isto é así porque a enerxía ten uns prezos moi volátiles e non queren pillarse os dedos cun contrato anual onde os seus custos poden variar en cuestión de días. 

A mellor solución para o concello pasa primeiro por tentar porse ao día acordando un plan de pagos coa eléctrica e logo tentar conseguir un contrato mellor e máis eficiente, especialmente naqueles consistorios que estean a pagar a TUR máis os recargos, situación que é moi gravosa para as arcas municipais.

Que poden facer as eléctricas?

Se os concellos teñen un problema á hora de afrontar estas facturas, non menos grave é o panorama que se lle presenta ás eléctricas. Non poden cortar a luz por lei en servizos esenciais como un hospital, e de feito, custa imaxinar que algunha compañía deixe sen subministración un colexio ou unha residencia de anciáns. De momento, a vía da presión parece ser a elixida polas compañías, pero a lei deixa marxe de actuación. 
Segundo explica Pere Brachfield, experto en morosidade e profesor na EAE Business School, até o ano pasado non se podía executar aos concellos aínda tendo unha sentenza xudicial, era imposible. Pero todo cambiou coa Lei 15/2010 de 5 de xullo, pola que os contratistas ou provedores que non cobrasen aos 50 días poden presentar un recurso pola vía contencioso-administrativa. 

Isto supón que a administración ou o concello terán que aceptar de maneira preventiva o pago da débeda, aínda que logo sexa un tribunal quen posteriormente falle a favor ou en contra. No caso de que o concello alegue non ter fondos, apunta Brachfield, terá que incluír unha partida para cubrir esa débeda nos orzamentos do seguinte exercicio. O contrario suporía para os provedores esperar varios anos a ter unha sentenza xudicial en firme. Esta resolución dos tribunais pode ser logo favorable ou contraria. Pero de maneira preventiva, a lei obriga ao pago.

Resumindo; a facturación eléctrica dos concellos incrementouse, nos dous ultimos anos dende un 70 a un 100%. Este feito, sumado á falla de ingresos municipais, entre outros, pola falla de proxectos urbanisticos, e a merma de asignacións por parte da administración central, fan que as débedas coas eléctricas sexan cada vez máis frecontes.
Se este escenario continúa, e as eléctricas se lanzan a unha voráxine de recursos contenciosos, podemos agardar que á volta dun par de anos, en vez de alcaldes teñamos administradores "electricos".
Moito ollo señoras e señores alcaldes.

Fonte: Elaboración propia, máis finanzas.com

Inagurada a planta de pellets de As Pontes

27 de xullo de 2011
Esta tarde o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladarase a As Pontes onde a unha da tarde presidirá a inauguración da factoría Biomasa Forestal e fará un percorrido pola instalacións da empresa no Polígono Industrial de Penapurreira,"
Con esta inaguración dase o pistoletazo de saída á que vai ser a meirande planta de producción de combustible para caldeiras de biomasa, de todo o territorio español.



Agora queda agardar polos postos de traballo vencellados a este proxecto.

Páxina web da factoría: http://bioforestal.es/

viernes, 15 de julio de 2011

A Xunta estuda a instalación de xeradores de enerxía eólica nos portos


A Consellería de Economía impulsará un estudo para analizar a posibilidade de instalar pequenos xeradores de enerxía eólica nos portos e cubrir con este sistema a súa demanda eléctrica.

A iniciativa, que Feijoo explicou onte tras a reunión do Consello da Xunta, consistirá en seleccionar os portos potencialmente apropiados para a implantación de instalacións eólicas de pequena potencia, cun máximo de cen quilowatts. Para iso realizarase unha análise da demanda de electricidade dos portos, dos recursos eólicos nesas zonas e da viabilidade técnica e económica dos proxectos, considerando as alternativas tecnolóxicas, a sensibilidade á produción e custos, a conexión eléctrica ou a integración urbanística. A Xunta enmarca esta actuación na súa aposta por fomentar as enerxías renovables.

Será este un dos camiños para chegar a xeración distribuída?
O que está claro é que coa entrada en vigor do próximo real decreto, que regula as instalación de pequena potencia, abrese un novo campo de traballo, e novas espectativas.



Fotografía: porto de Getxo, Viscaia (cortesía de José Manuel Polo)