viernes, 10 de octubre de 2014

Algo está a cambiar, pero non por lestes lares

A opinión de Jeremy Rifkin sobre o autoconsumo.


É só cuestión de tempo. Ás enerxéticas vailles chegar o seu San Martiño. Xa non poderán seguir observando fenómenos do pasado como “Napster” sabendo que o que pasou á industria musical non lles pasará a eles. Estamos ante o principio do fin dos seus modelo de negocio e non hai volta atrás. «Se non me cren, miren Alemaña», afirma o economista Jeremy Rifkin.

«Puxeron en marcha o plan máis ambicioso até a data para empezar a transición da segunda revolución industrial, a do petróleo e os hidrocarburos, á terceira revolución industrial, a da internet nas cousas e os prosumidores», defendeu onte á noite nun relatorio ofrecido na Fundación Rafael Del Pino, en Madrid.

O pensador estadounidense referíase a Energiewende, o plan que o goberno alemán presentou en 2010 co obxectivo de reducir as emisións nun 90% e conseguir que o 60% das fontes enerxéticas do país sexan renovables en 2050.


Fonte da imaxe: http://www.autovoltaica.com/blog/


Para conseguilo, o goberno puxo o esforzo en facilitar que os cidadáns tomen a iniciativa. Hai subvencións para instalar paneis solares e exencións fiscais para crear cooperativas que xestionan esta creación de enerxía. Pero sobre todo investimentos que prometen superar o billón de euros na construción dunha rede que permita xestionar esta transición. A nación xermana xa xera o 20% das súas necesidades destas fontes e pronto esa cifra suporá o 30% do total.

Nalgunhas zonas concretas do país, os resultados están a ser impresionantes. «O pobo bávaro Wildpoldsried, cunha poboación de 2.600 persoas, foi máis aló do espírito de Energiewnde: a localidade produce tanta electricidade do vento e a luz do sol que gaña 5 millóns de euros ao ano vendendo o seu excedente á rede eléctrica», explicaba un artigo da revista The National Interest.

«Non estou a falar de suposicións. É algo que está a pasar aquí e agora. O seguinte é China, que investirá 82.000 millóns de dólares en crear unha rede que permita ás persoas xerar a súa propia enerxía», dixo Rifkin.

Para reafirmalo o académico apoiouse nun artigo publicado en The New York Times o pasado 13 de setembro que non fai máis que ratificar o que pensa. A reportaxe revela os problemas que están a ter as eléctricas tradicionais para adaptarse a esta novo paradigma en Alemaña. Algunhas xa están a sufrir grandes perdas como é o caso de RWE.

En California a capacidade de adaptación das startups supón unha competencia feroz ás grandes eléctricas. Os seus novos rivais están chegado dos lugares máis inesperados. «En novas barriadas que están a ser edificadas pola construtora Lennar en California, os compradores que se mudan a unha casa nova automaticamente reciben un panel solar no seu tellado. A compañía adoita manter a propiedade sobre os paneis e asina contratos de 20 anos para vender aos donos de casa a enerxía xerada nos seus teitos cun desconto do 20% fronte aos prezos das enerxéticas locais», di o mesmo artigo. Algúns estados, frustrados pola lentitude do goberno federal, están a optar por tomar as súas propias medidas. California traballa xa para conseguir que máis do 30% da súa enerxía sexa destas fontes.

Se a isto unímoslle que internet das cousas permitirá conectar os nosos dispositivos a unha rede intelixente, o negocio das eléctricas estará máis ameazado aínda. «Ti poderás escoller cando queres que o aparello se nutra da rede e cando non. En momentos de picos de prezo, cando as eléctricas obteñen a maior parte dos seus beneficios, podes programalos para que se desconecten e pasen á rede hiperlocal», explicaba Rifkin.
Que pasará entón coas eléctricas?

Fonte da imaxe: 3M   © 3M. All rights reserved


«Non desaparecerán por completo. Teñen que situarse neste novo mercado ofrecendo analítica e solucións para optimizar todo isto», di o estadounidense. Non o terán fácil. Empresas como Cisco, Google e Apple levan anos investindo neste sector.

Os seus servizos seguirán sendo necesario en eses momentos nos que a demanda das renovables fraquea debido á dificultade que aínda existe para almacenar a enerxía eólica e solar. «Pódense buscar fórmulas para pagar ás enerxéticas para que teñan ás plantas convencionais en standby para eses momentos nos que o vento non sopra e o sol non brilla», afirma o mesmo artigo de The New York Times.

Non todos están tan convencidos do suposto milagre alemán. En agosto, o Wall Street Journal sacou un duro artigo no que revelaba as sombras do plan teutón. Segundo o diario, os prezos subiron moito e xa hai bastantes empresas que se están reformulando o seu futuro no país. Tampouco se logrou amornar polo momento as emisións de carbono que seguen a niveis similares a anos anteriores, afirman.

Rifkin cre que estás críticas só ven o agora e esquécense do que virá. «Nos anos 70 xerar un watt de enerxía solar custaba 70 dólares. Hoxe custa 60 céntimos. A lei de Moore acabará facendo que o custo sexa practicamente cero». Xunto a isto, a demanda alemá ha contribuído a baixar os prezos e o interese dos fabricantes chineses para que estas tecnoloxías sexan cada vez máis baratas e competitivas.

E aquí é onde está o quid da cuestión do novo libro de Rifkin Asociedade de Custo Marxinal Cero. No momento no que producir algo custa practicamente nada, as regras do xogo capitalista cambian por completo. «Algo que os economistas non lograron prever».
É o que pasa cando miles de estudantes se apuntan a cursos gratuítos online cos mellores profesores do mundo «e a persoa que pagou 60.000 dólares para a súa matrícula pregúntase que está a facer» ou cando «miles de mozos empezan a fabricar un sen fin de cousas con impresoras 3D». Todos están conectados. Moitos comparten o que fan e aprenden. O custo de adquirir este coñecemento é practicamente nulo. Cando engadimos internet das cousas á ecuación as posibilidades multiplícanse.

«En Ann Arbor hai pouco saíu un estudo que dicía que sería posible desfacerse do 80% dos coches da cidade sen que iso afectase a mobilidade se se optase por compartir vehículos sen condutor. Os mozos cada vez están menos interesados en ter un coche pero si están interesados en compartir. Non lles importa Adam Smith e moitos nin coñecen a súa existencia. Queren vivir doutra maneira».

Pero se estamos a falar de que haberá menos coches e menos produtos debido a estas novas eficiencias, que pasará coa economía? como se poderán soster países enteiros que teñen millóns de persoas empregadas neste traballo?

Para Rifkin, que xa tratou os efectos da automatización do traballo no seu libro “The End of Work”, a creación da terceira revolución industrial será unha gran fonte de emprego. «Durante os próximos 30 anos teremos unha cantidade impresionante de traballos para crear esta rede. Unha vez que isto estea acabado será máis complicado. Moitos seremos máis libres para seguir outro tipo de traballos. Para tentar mellorarnos como seres humanos. Para seguir outros propósitos en lugar de estar atrapados en traballos rutineiros e repetitivos».

En todo isto, erixirase un sector crave para o futuro e que será o que máis creza. «O emprendemento social. Os traballos e empresas que solucionan problemas sociais. Algunhas estarán creadas para gañar diñeiro, outras non, e moitas seguirán un modelo mixto de financiamento».

Os datos son inequívocos, segundo di. «A resposta está na sociedade civil, nas organizacións sen ánimo de lucro que atenden aquelas cousas que xeramos e compartimos en comunidade. En termos financeiros, o mundo da ONG é unha forza poderosa. Os seus ingresos creceron nun 41% de 2000 a 2010, duplicando o crecemento do PIB. En 2012 este sector acapara o 5,5% do PIB en EEUU», afirmaba na presentación do seu libro que escribiu en The New York Times. Isto sen contar o auxe da economía colaborativa que frecuentemente entra neste terreo.

«Tampouco me vale a crítica que son parasitos do diñeiro público. Un estudo recente mostra que máis do 50% dos ingresos chegan doutras fontes que non son gobernamentais en EEUU. Moitas empresas conseguen unha gran parte dos seus ingresos do estado, así que non están en posición de criticar», ironizaba Rifkin. «É o único sector que creceu e xerou emprego de maneira continuada mentres os sectores tradicionais mantéñense estancados».

«O fracking é unha quimera»


Mentres que en Alemaña soben os prezos enerxéticos, EEUU pasa por un momento doce en canto a prezos da electricidade. O fracking contribuíu a unha nova febre de ouro que encheu o país de gas natural barato axudando a reducir a súa dependencia do petróleo de Medio Oriente. Isto, con todo, é un espellismo que pronto se acabará, en opinión do tecnólogo. «Xa hai sinais de que é unha burbulla a piques de estalar. Cada pozo só ten 18 meses de vida. Estamos muxindo esta fonte de enerxía pero en 2020 comezará a estancarse e entón que?».




En referencia ao estado español, Rifkin mostrouse decepcionado de que o goberno abandonase a carreira para reconverter as súas fontes enerxéticas. «Aplaudo que o voso presidente aposte por unha maior colectividade pero con ADSL e mellor Wifi non é suficiente».

«O futuro será mixto. Convivirán as dúas partes. O papel da economía de mercado capitalista reducirase radicalmente e o demais estará ao servizo da terceira revolución industrial. O planeta agradeceránolo. É a única maneira que temos de evitar que o problema do cambio climático acabe sendo unha catástrofe. E no peor dos casos lévenos á extinción».


E se as empresas e os gobernos sabotan este cambio como pasou co autoconsumo en España? «Non poderán facelo. Tentouse frear a revolución empezada por Napster por todos os medios e non o conseguiron. É imparable».

Agardemos que os vaticinios de Rifkin e cumpran, e que aínda que sexa por arrastre, o Estado Español teña que sumarse a esta marea imparable.

Fonte: Yorokubu  Agradecemento especial a  MARCUS HURST