Sigue
esta coñecida canción infantil, “Os paxariños cantan e as nubes
se levantan...”, no é que queira eu marrar a vendima do ribeiro,
máis fai falla auga, moita auga...
Nos
últimos meses, vense dando unha situación anómala no mercado
eléctrico peninsular. Esta situación ven provocada por diferentes
factores, que veremos a continuación. O resultado da aplicación
destes factores, non é outra ca un incremento espectacular do
recibo eléctrico.
Levamos
todo o presente ano congratulándonos de ter un prezo do kWh
sensiblemente inferior ao do ano pasado, pero á vista dos factores
incidentes no mercado eléctrico , esta situación vai rematar antes
de fin de ano.
Fonte:
OMIE
Na
anterior gráfica podemos ver unha comparativa entre os anos 2014 e
2015. Como se pode observar, a tendencia dos prezos no pasado ano, é
a de baixar dende os 60 €/MW de xullo, ata os 51 de Setembro. Este
descenso debíase en boa parte á incidencia que a enerxía
hidráulica e eólica teñen no comportamento dos prezos.
Pola
contra, o presente ano, arrinca en 40 €/MW en xullo, e sube ata os
44 €/MW en Setembro, mantendo actualmente a tendencia ao alza,
chegando no presente mes, que está a rematar, a 53 €/MW.
Se
navegamos nos datos do mercado intradiario, podemos ver que o
futurible deste, é o de acadar prezos superiores a 80€/MW antes
de fin de ano. Os factores que máis inflúen neste prezo,
directamente son:
-
Malas condicións atmosféricas. Este eterno verán no que estamos instalados, non favorece en nada a xeración eléctrica das hidráulicas e das eólicas, debendo cubrir a súa cota de xeración con carbón e gas. Tecnoloxías moito máis caras, e infinitamente máis contaminantes. De ahí o título deste artigo.
-
Parón nuclear en Francia. O estado galo está a levar un intenso programa de paradas das súas centrais nucleares, co obxecto de revisalas, e determinar a súa viabilidade futura. (Igualiño ca en Garoña...). Este parón obriga a incrementar o custe dos saldos internacionais entre o estado francés e o español. Sirva como nota, que no presente mes, o mercado eléctrico francés estase a mover nos 80 €/MW, cando o ano pasado, nas mesmas datas, superaba por pouco os 50 €/MW.
Vistos os factores de mercado, non queda moito máis ca resignarse,
pero o problema non remata con Francia coas nubes, hai moito máis:
-
Parece ser que imos ter goberno en España. E este goberno deberá ter que acatar a sentenza do tribunal supremo que obriga a modificar o marxe comercial do PVPC, por enriba dos 5€ kW. Este feito xa foi analizado anteriormente, noutra entrada deste blogue: Subida do Recibo da Luz, con Carácter Retroactivo .
-
A ese futuro goberno, acaba de caerlle outra pedrada legal (non aprenden). O Tribunal Constitucional ven de declarar inaplicable o sistema de financiamento do bono social. Para non entrar en fonduras, explico rapidamente: O bono social é unha redución do 25% do custe do PVPC para algúns colectivos economicamente desfavorecidos. O goberno en funcións obriga ás comercializadoras de referencia (As 5 Grandes) a asumir unha parte deste desconto. O Tribunal Constitucional, perante a reclamación presentada por EON España e Endesa, ditamina que iso non se pode facer. Por tanto, hai que devolver ás eléctricas, ao redor de 500 millóns de euros. Isto pódese facer vía orzamentos xerais do estado (o máis lóxico), ou ben cargalo a tarifa (como se adoita a facer).
Sexa como queira, todo apunta a unha subida do recibo dun 30 – 50%
entre novembro e febreiro, así que, non vos pasedes coas compras de
nadal!!!
Non digades logo que non avisei.