miércoles, 1 de septiembre de 2010

PUBLICADO O REAL DECRETO CONTRA O FRAUDE FOTOVOLTAICO

Despois da paradiña estival, voltamos a escribir neste  blogue, as últimas novas do sector enerxético.

O Ministerio de Industria, ven de publicar o pasado 6 de agosto o Real Decreto 1003/2010, polo que se regula a liquidación da prima equivalente ás instalacións de producción de enerxía eléctrica de tecnoloxía fotovoltaica en régimen especial.

En definitiva, ben a ser un Decreto contra o fraude fotovoltaico que se produciu a raíz do Real Decreto 661/2007
Non engade excesivas novidades, unicamente marca as directrices para facerlle requirimentos ás  instalacións que estean baixo sospeita, e que estas aporten documentación que certifique que están en disposición de verter enerxía á rede.
Dende o meu humilde punto de vista, sería máis practico, e máis fiable levar a cabo unha labor de inspección por parte da Comisión Nacional da Enerxía. Dar un prazo para aportar certificados, fotos e demais, non é máis que dilatar o problema no tempo, moito mellor ir ao sitio da instalación, ver que está todo instalado e en condicións de verter enerxía á rede.



A sanción prevista é a suspensión da prima correspondente.
Tamén se crea unha subsección no rexistro de instalacións de réxime especial, adicado ás instalacións que non cobran prima.


Dentro do desenrolo normativo deste RD, a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, ven de quitar unha orde na que lle marca as directrices á Comisión Nacional da Enerxía para facer as primeiras inspeccións. Estas serán levadas a un grupo determinado de instalacións.



O grupo estará composto polas instalacións asentadas no rexistro instalacións de produción dde enerxía eléctrica, con data anterior ao 30 Setembro 2008, ata acadar unha potencia de 800 MW, utilizando os seguintes criterios:
  • En primeiro lugar, as instalacións que non produciron unha enerxía mensual igual ou superior do 85 por cento da enerxía que tería producido unha instalación teórica, de acordo co perfil horario de produción que figura no anexo XII do Real Decreto 661/2008, durante un dos meses seguintes ao mes Setembro 2008, empezando por aquelas con data de inscrición definitiva máis tardía.
  • En segundo lugar, e para completar a potencia indicada, se é o caso, instalacións escollidas aleatoriamente.

Non obstante ao anteriormente exposto, a Comisión Nacional de Enerxía poderá, ademais, esixir acreditación a calquera instalación inscrita no rexistro de produtores en réxime especial, que non fose engadida no colectivo definido no parágrafo anterior.


Disponse que logo desta primeira fase, veñan outras sucesivas.

Agardemos que con este RD, e a normativa accesoria, se poña fin á lacra que ven dando mal nome a unha das tecnoloxías renovábeis con máis futuro. A solar fotovoltaica. E de paso, haber si serve para facer calar a eses "mentideros" (do verbo mentar, en idioma castelan), que non  fan máis que botar lixo enriba das tecnoloxías renovables.


lunes, 26 de julio de 2010

Como vai o concurso eólico?

Pois o que se agardaba aue ía a ser o grande revulsivo para a economía galega, vai acabar sendo un fiasco.
Hoxe aparece en Faro de Vigo, unha interesante reflexión sobre do tema, escrita por Julio Pérez:

Foto: Xornal de Galicia










Até a propia Consellería de Economía e Industria, encargada do macroconcurso eólico, admite as "dificultades" que rodean a repartición dos 2.325 megawatts (MW) pendentes tras a paralización da tamén controvertida poxa do bipartito. A Xunta exhibe as candidaturas das 90 empresas que participan e unha demanda que multiplica por sete a oferta como un motivo de éxito ante as limitacións no financiamento dos parques e "a inseguridade tarifaria". Co prazo para a revisión das solicitudes xa en marcha, grandes promotores avisan de que a todos eses problemas, alleos ao propio proceso, engádese a falta de concreción en varios dos criterios que se terán en conta para valorar as súas propostas e, mesmo, da "picaresca" en moitos dos plans industriais, a parte dos proxectos que máis peso terá nas puntuacións. 

Pouco teñen que ver as cantidades que cada participante solicita en comparación cos miles de megawatts que algunhas das compañías líderes en enerxía tentaron rabuñar na admisión a trámite impulsada na lexislatura pasada. Esta vez, segundo confirman fontes próximas ao concurso e no sector, a media rolda os 300-400. Unha das claves está na esixencia de acompañar a petición cun aval de 20.000 euros por cada megawatt, até un máximo de sete millóns de euros, para garantir a solvencia das ofertas. De feito, a orde que regula o concurso inclúe tamén un reforzo dos requisitos para que as empresas xustifiquen que teñen suficientes recursos propios e que a súa contabilidade interna non suporá ningún obstáculo no futuro. Aínda así, é practicamente imposible que un candidato logre facerse con toda a potencia que pide. Nin sequera se a súa petición queda por baixo dos 350 *MW de máximo que a mesa de valoración pode conceder a unha mesma compañía. Aí comezan as incógnitas que estes días *merodean no sector. 

Porque moitas das solicitudes vinculan o seu plan industrial á obtención dun determinado número de megawatts. E se non é así? Se a concesión de potencia é menor, ou moito menor? Algo que xa ocorría no outro concurso. Por iso, os populares apostaron por incluír a "monetarización" dos investimentos, para que en casos así o gañador poida entregar a parte proporcional que corresponda do orzamento do plan industrial, en función do propio baremo co que se resolveu a solicitude, ao fondo público de capital risco Sodiga e que sexa directamente a Xunta a que se encargue de buscarlle unha aplicación en proxectos "iguais ou de análoga natureza". "Polo que sabemos, hai candidatos que están a presentar ideas que saben de antemán que non se van a poder realizar e que condicionan a practicamente toda a cantidade de potencia que piden", alerta o máximo responsable na comunidade dunha das firmas de referencia no negocio do vento. "Ao final todos nos coñecemos, sabemos o que hai e, efectivamente, hai plans industriais surrealistas, pero que a efectos obxectivos, aplicando directamente a orde do concurso, poden quedar entre os beneficiarios", engade outro.

A mesma queixa repítese entre outros promotores. "A monetarización é moi perigosa", insiste o xefe técnico doutra das grandes firmas que se presenta. Cunha oferta impactante no papel, que leve unha partida millonaria e unha previsión elevada tamén de empregos a crear, a nota do proxecto dispárase. A orde que fixa as condicións da repartición eólica prima ademais o calendario do plan industrial, cunha mellor valoración ás propostas que o poñan en marcha antes da construción dos parques de aeroxeradores que lles toquen. "Con iso está a xogar moita xente", apuntan no sector. "É como o mus, un órdago á grande sabendo que vas de farol", compara un experimentado promotor. A "picaresca" da que falan está en que unha vez que o proxecto pase a criba e resulte adxudicado con, seguramente menos megawatts dos que quería, a compañía pode optar á monetarización para evitar o desembolso de todo o investimento industrial, co importante matiz de que nese caso non terá que entregar o diñeiro en función dos prazos que marcara no plan.

 A orde establece que o ingreso en Sodiga realizarase un mes despois desde que entre en funcionamento o parque. "E todos sabemos ?resumen un dos candidatos? que as instalacións tardarán anos en estar operativas". "A marxe que haberá para reclamar é 0", avanzan no sector. Aínda que coa polémica do primeiro concurso aínda recente e, aínda que menos, a elevada concorrencia do segundo asalto, ninguén descarta outro aluvión de recursos. "Os criterios para a avaliación son complexísimos", sinalan varias das compañías. "Un 45% da puntuación pode ser máis ou menos obxectiva ?concreta un dos participantes?. Pero o 55% restante é tan aberta que non sabes absolutamente ao que aterte".

Algo tan sinxelo como o que a Xunta considera estratéxico ou non para a economía centrou as críticas no negocio cando saíu a normativa da repartición e aínda hoxe mantense como o gran interrogante. Particularmente, varios promotores preguntaron na Xunta, e varias fontes aseguran que a patronal eólica galega tamén o fixo, sen ter unha resposta concreta. "En función diso, van multiplicar o teu plan industrial de forma diferente", lembra un empresario. "Entre isto e o canon, imos subvencionar os orzamentos da Xunta", ironiza outro.

 E coa incerteza da rendibilidade que terán os futuros parques e a data da súa construción. O borrador para as novas primas á eólica que corre de man en man entre os promotores apunta a uns 77 euros por megawatt até as 2.600 horas de produción anual. Os que teñan máis, cobrarían uns 50 euros. Un prezo que choca de fronte coa actividade eólica en Galicia, a zona con mellor calidade de vento e máis horas por cada recinto. En todo caso, haberá que esperar á decisión final do Ministerio de Industria, e aos obxectivos que fixe tamén para o desenvolvemento de nova potencia. O rexistro de preasignación, requisitio indispensable para optar á retribución pública da enerxía producida, está esgotado até 2013 e hai unha lista de espera de 4.000 MW. No sector dan por feito que os parques do concurso son "inviables" antes de 2015 e que a maioría se dilatarán até "2017 e 2018". "Estivemos traballando meses a cegas e aínda o estamos", conclúe un empresario. 



lunes, 19 de julio de 2010

AXUDAS DO INEGA A RENOVABLES 2010

O pasado día 14, publicouse no DOG a orde que regula as novas axudas do Inega para as instalacións de enerxías renovables.


Nesta convocatoria dase subvención para distintas tipoloxías de enerxía renovables. Dende as caldeiras de biomasa, ata as grandes instalacións de biogás.
O prazo de presentación de axudas, que se fai obrigatoriamente de xeito telemático, é ata o 20 de setembro.

O resumo das convocatorias é o seguinte:

  • Instalacións solares térmicas:
A contía máxima da subvención será o 35% do investimento subvencionable, agás para instalacións municipais, nas cales esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 45%, cos seguintes límites máximos:
Paneis planos, 450 euros/kW(*). Tubaxes de baleiro  300 euros/m2 (superficie de apertura)
(*) A potencia en kW calcularase a partir da superficie útil de captación (de apertura) e da curva de rendemento do panel, con temperatura de entrada 45 ºC, temperatura ambiente 15 ºC e 800 W/m2 de radiación.
Establécese a axuda máxima por proxecto en 60.000 euros

  • Enerxía solar fotovoltaica illada:
 A potencia máxima da instalación será de 2,5 kWp. Deberá xustificarse a utilización dunha instalación solar fotovoltaica illada pola dificultade ou imposibilidade de conexión á rede de distribución sen implantación de novas liñas eléctricas, ou pola idoneidade desta solución polas características da demanda eléctrica.
Esta xustificación non será necesaria para instalacións demostrativas, ben que en ningún caso se considerarán
como instalación demostrativa as instalacións de uso particular.
Subvención máxima por kWp instalado;  Sen acumulación (baterías) 8.000 €/kWp. Con acumulación (baterías) 10.000 €/kW.

A contía máxima da subvención será do 40% doinvestimento subvencionable.


  • Enerxía solar fotovoltaica conectada á rede:
A potencia nominal da instalación en inversores será igual ou inferior a 20 kW. Os paneis fotovoltaicos da instalación deberán estar integrados arquitectonicamente, admitíndose unicamente as tipoloxías que o Inega sinala nos anexos da orden.
A contía máxima da subvención será de 900 €/kWp, sendo a axuda máxima por proxecto (ou proxectos situados na mesma edificación) de 6.000 euros, agás para os proxectos solicitados por concellos, para os que estes límites serán de 1.200 €/kWp e 9.000 €, respectivamente.


  • Biomasa
A contía máxima da subvención é o 30% do investimento subvencionable, agás para instalacións municipais,
en que esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 45%, cos seguintes límites máximos adicionais de subvención por tipo de instalación e potencia térmica.


Tipoloxía 1 Instalación con caldeira de alimentación automática mediante parafuso sinfín ou sistema pneumático e sistema de almacenamento independente (silo de obra, contedor ou moega exterior, silo flexible ou depósito subterráneo): 125 €/kW
Tipoloxía 2 Instalación con caldeira de alimentación automática mediante parafuso sinfín ou sistema pneumático e sistema de almacenamento intermedio mediante depósito anexo ou moega integrada nela:  100 €/kW.
Tipoloxía 3 Caldeira sen alimentación automática 75 €/kW.
Tipoloxía 4 Estufa calefactora de aire 50 €/kW.
Tipoloxía 5 Cociña calefactora 50 €/kW.
Establécese a axuda máxima por proxecto en 30.000 euros.


  • Biogás/gasificación
A potencia nominal das instalacións de xeración de electricidade será igual ou menor de 500 kW.
Subención en €/kW, segundo o rango de potencias:

P < 50 kW: 1500 €/kW


50 kW < P <= 100 kW: 1500-10*€/kW (P-50)


100 kW < P <= 250 kW: 1000-2,5* €/kW (P-100)


250 kW < P <= 500 kW 625-0,9* €/kW (P-250)


No caso de que o aproveitamento sexa térmico aplicarase o coeficiente 1/3 aos valores da táboa anterior


Outras renovables: enerxía eólica, enerxía minihidráulica e instalacións mixtas de xeración eléctrica
Instalacións de aproveitamento da enerxía eólica e enerxía minihidráulica para xeración eléctrica ou instalacións mixtas (con algunha destas tecnoloxías e solar fotovoltaica illada).
A potencia eléctrica instalada total sumando todas as tecnoloxías utilizadas será igual ou menor de 10 kW.
A contía máxima da subvención será do 40% do investimento subvencionable, cos seguintes límites máximos da axuda por potencia instalada en aeroxerador e/ou turbina:
Eólica e/ou minihidráulica sen acumulación 1.500 €/kW
Eólica e/ou minihidráulica con acumulación 2.500 €/kW




Ligazón para a solicitude: Páxina web do Inega




Ligazón da descarga: Diario Oficial de Galicia

lunes, 28 de junio de 2010

Feira das Enerxías Limpas e a Construción Bioclimática

Este fin de semana celebrouse no recinto feiral do 13, en Narón a primeira edición da feira das enerxías limpas e a construción bioclimática.



O certame contou cunha ducia de expositores, que representaban a maioría das aplicacións domésticas das enerxías renovables, os métodos de construción de alta eficiencia, e tamén unha parte de mobilidade sostible.

Os asistentes puideron comprobar que tanto a biomasa, como a xeotérmica, son fontes de enerxía cun presente sólido e un futuro prometedor. 
Tamén se contaba cun espazo para probar un pequeno vehículo eléctrico, ou bicicletas con motor eléctrico auxiliar.
Non me podo esquecer de mencionar que, aínda que non fixo moito sol, o domingo pola tarde tivemos unha degustación de flocos de millo, elaborados nunha cociña solar.

Pola nosa parte tocouno levar un taller de condución eficiente, para que os asistentes puidesen levar unha noción clara do aforro que se pode obter, ao aplicar as técnicas de condución eficiente.



Ao marxe da valoración da asistencia de público, que dado que era unha primeira edición, non foi de todo satisfactoria, si podemos valorar a iniciativa do concello de Narón de xeito moi positivo.
Este tipo de eventos axudan a difundir e achegar o uso das  enerxías renovables ao cidadán de a pe. Axudando a que un maior número de persoas se decanten pola solar, biomasa ou xeotérmica á hora de climatizar a súa vivenda ou o seu negocio.

miércoles, 2 de junio de 2010

Non me engane, por favor!

Neste artigo, José Antonio Alfonso, xornalista do equipo de Enerxías Renovables, avoga polo abandono de enganos e rumores que se verten sobre as renovables en lugar de abordar con claridade o debate, inevitable e necesario, sobre un cambio de modelo enerxético. É xusto dicir que as renovables son moi caras e obviar o que custan as fontes convencionais? Só é un exemplo.



Ignorancia ou mala fe. Rumores ou proxectos. Verdades ou mentiras. O sector das enerxías renovables vive nunha dicotomía próxima a un acto teatral histérico no que todo vale. É unha sinfonía desconcertante que algúns tocan ocultos no espazo asignado ao tramoista porque non queren saír á escena, aínda que si manexala. O bombardeo é constante, delirante…, sobre todo para o cidadán que xa non sabe nin a quen crer nin porqué. Non me engane, por favor!

Cando comezou a estenderse a estratexia da confusión? Quen deu o primeiro paso? Cal é o engano máis basto? Imposible responder a esas preguntas. Arduo labor para quen tire de hemeroteca. Pero si é factible mostrar algunhas “perlas” próximas no tempo. Son máis que suficientes para ensinar a batalla enerxético-económica-política e de poder que se está librando. (O termo ambiental parece que non interesa).

Un dos enganos máis bastos é afirmar que quitando as primas ás enerxías renovables axudaríase, e moito, a resolver o déficit público. Este mes de maio o diario británico Financial Times publicaba un artigo de José María Aznar no que o ex-presidente do goberno relataba sete medidas para saír da crise. En posto de pódium, a segunda, mencionaba cambios na política enerxética como deixar de subvencionar fontes de enerxía renovables pouco eficientes. (É de supor que se refería a esas tecnoloxías que cubriron o 40% da demanda eléctrica durante o primeiro cuadrimestre de 2010, segundo os datos de Rede Eléctrica Española).

A receita de Aznar provocou que desde beiras próximas ao ex-da Moncloa (tanto políticas como mediáticas) clamásese pola supresión das primas ás renovables para liquidar o déficit público, demostrando a máis absoluta ignorancia ou mala fe ao confundir/mesturar déficit público con déficit tarifario. O déficit tarifario repercute no recibo da luz, de tal maneira que se quitamos a percepción económica ás renovables o déficit público non se moverá, nin sequera se reduciría o déficit tarifario. E isto último asegúrao o Ministerio de Industria, nada sospeitoso neste caso, xa que todos os cambios de política enerxética que prepara contemplan a redución do déficit tarifario.

Aclarada a torpeza/ignorancia cabe preguntarse hai que quitar as primas ás renovables? A cuestión é pertinente se se escoitou ao deputado do PP, Miguel Arias Cañete, acusar o goberno de que con “os seus bandazos normativos” na retribución ás renovables “escorrenta o investimento” e practica os mesmos métodos de “quebra xurídica” dalgúns gobernos suramericanos. Quen recibe a pedrada, por suposto, é o Ministro de Industria, Miguel Sebastián, nunha sesión de control ao goberno no Congreso dos Deputados.

Lido Aznar e escoitado Arias Cañete, que facemos cunhas primas que se arbitraron e puxeron en marcha durante o primeiro goberno Aznar? E se hai que retiralas, todas as do réxime especial, incluídas as destinadas aos combustibles fósiles das plantas de coxeración? En 2009, 1.114 millóns de euros destináronse ao gas.

As renovables crearon o déficit tarifario.

Esta aseveración polo menos parece inxusta. Foi a finais dos anos 90 cando o goberno de José María Aznar articulou a existencia de certas percepcións económicas á produción de electricidade mediante tecnoloxías renovables. As primas naceron cando o déficit tarifario xa existía polo tanto dunha política, practicada tanto polos gobernos de Aznar como os de Zapatero, que optou por manter o prezo da electricidade por baixo dos seus custos de produción, desde Rodrigo Rato a Miguel Sebastián. Nos últimos 18 anos (de 1990 a 2008) o prezo da luz baixou a prezos constantes un 38,8%.

As renovables soben a tarifa eléctrica.

O recibo da luz subirá por culpa das renovables. A frase non é literal, pero si gráfica doutras expresións que estimatizan a determinadas tecnoloxías coa existencia de facturas máis altas. E iso si prende na cidadanía. Ese discurso esquece que grazas á participación renovable o prezo medio do mercado eléctrico (o denominado *pool) descendeu nos últimos anos. De 7 céntimos o *kWh en 2007 a 3 céntimos o *kWh a finais de 2009.

Se se observa o exercicio 2009 o custo da factura eléctrica foi un 15% menor respecto de 2008. Isto sucedeu en gran parte pola irrupción das renovables que baixaron o prezo medio do pool de 66 a 38 euros MWh ao limitar a produción das tecnoloxías fósiles do réxime ordinario. Tecnoloxías como a eólica ou a fotovoltaica impediron unha maior entrada no sistema das centrais de gas, que normalmente marcan o prezo de casación definitivo do mercado eléctrico. E a tendencia á baixa mantense en 2010. Mesmo por baixo de 30 euros *MWh.

Incluír as renovables nos Orzamentos Xerais do Estado.

Esta é outra das “frases do mes”. Un rumor persistente a pesar do desmentido oficial do Secretario de Estado de Enerxía. Pedro Marín afirmou que o goberno non sacará da tarifa eléctrica as primas ás renovables para cargalas nos Orzamentos Xerais do Estado. A trampa, proposta por quen lle gustaría que se fixese, é dobre.

Desde un punto de vista conxuntural parece pouco afortunado cargar o orzamento nacional con outro gasto cando desde Moncloa tómanse medidas para reducir o déficit (baixada do soldo dos funcionarios, conxelación de pensións…). Pero hai unha razón estrutural máis poderosa. Se as primas pasasen ao Orzamento Xeral do Estado converteríanse en “axudas de estado”, que están prohibidas pola Unión Europea. É dicir, a inclusión das renovables nos orzamentos do estado aseméllase máis a unha puntilla de descabello que a un cambio normativo.

As renovables son moi caras.

O Ministro de Industria reuniuse o pasado 6 de maio coas asociacións de enerxías renovables ás que lles facilitou un documento no que se cita que o custo das renovables sería de 126.000 millóns de euros nos próximos 25 anos. Este é o único custo ao que alude o goberno nese informe, ou polo menos é o que din os que o leron.

126.000 millóns son moitos ou poucos, e respecto de que. As importacións enerxéticas de España en 2008 foron duns 42.000 millóns de euros que, multiplicado por 25 anos, supera o billón de euros. Supondo que o prezo de petróleo, gas e carbón mantéñase estable os próximos 25 anos.

Un exemplo. Unha das tecnoloxías á que se sinala co dedo por cobrar as curmás máis caras é a solar fotovoltaica, pero cando se lanza esa afirmación esquécese explicar que esa mesma tecnoloxía conseguiu reducir os seus custos un 54%, segundo recoñece industria, e seguirán baixando. En dous anos espérase que consiga a paridade de rede. Que actividade económica é capaz de reducir os seus custos a ese ritmo?

José Antonio Alfonso


viernes, 28 de mayo de 2010

Nova adxudicación de 331.83 MW eólicos

Mediante publicación no Diario Oficialde Galicia do 28 de xaneiro de 2010, fíxose pública a Orde do 20 de xaneiro de 2010 pola que se abriu o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais.

Logo de rematar o prazo de presentación de solicitudes, de observar as renuncias a rematar o plan eólico empresarial asignado, que algunhas empresas fixeron. A Consellería de Economía e Industria, publicou onte no DOG a resolución do 30 de abril, onde adxudica un total de 331,83 MW ás seguintes empresas:

 Agora toca agardar polos proxectos definitivos e pola resolución firme, xa que contra estas pódese facer alegacións.
Tendo en conta que tódolos proxectos están dentro de parques xa construídos, a redacción de proxectos finais non debería de dilatarse moito no tempo, polo que a construción destes megavatios, poderá iniciarse a empezos do vindeiro ano.

Tamén cabe sinalar que  faltan 20 días para que remate o prazo de presentación das propostas para a licitacións dos 2.325 MW da convocatoria do 5 de abril.
  Sopran pois suaves brisas para o sector.

jueves, 27 de mayo de 2010

A concesión das centrais de biomasa, será publicada en breve

Adianta Walter Burns, en Galicia Confidencial, que a Consellería de Industria aprobou o pasado día 30 de abril, a concesión de máis de 80 MW para centráis de biomasa para a producción de electricidade.



O Diario Oficial de Galicia publicará nos próximos días a “Resolución do 30 de abril, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba a relación de anteproxectos de instalación de centrais de biomasa”. Este diario electrónico tivo acceso ao texto do resultado do concurso, no que se autorizan os seguintes proxectos:
  • Enel Unión Fenosa Renvables:10 Megawatios (mw) en Pino do Val, Mazaricos
  • Gestamp Biomasa: 10 mw. en Viveiro
  • Renova Generación de Energías Renovables: 10 mw. en Curtis
  • Xeración Rural:10 mw. en Vilalba
  • Norvento Biomasa: 5 mw en Pobra de Brollón e outros 5 no polígono de Tamagos, en Verín
  • Ence: 10 megawatios no complexo de Lourizán, Pontevedra
  • Cespa: 5,01 megawatios en Ribadavia
  • Enerxía Galega da Biomasa:10 megawatios en Ponteareas
  • Enerxías Renovables de Galicia: 0,9 megawatios na Veiga, 2 mw. en Forcarei e 2 mw. en Cervantes









Central de Biomasa de Allarluz (Allariz) explotada por Norvento

Quedan logo desgotados os proxectos na área de Eume, Ferrolterra e Ortegal. Ningún dos proxectos que ían nas Pontes, nin en Ortigueira ninen San Sadurniño.

Falta por saber que pasa co proxecto que Iberdrola Renovables ía a desenrrolar Nas Somozas, que xa contaba cun proxecto avanzado, e cun plan de inversión.

Outras referencias na prensa escrita:

martes, 27 de abril de 2010

Seguen os movementos entorno ao concurso eólico

Estes días están a chegar novas de moitas bandas con respecto ao concurso eólico que licita máis de 2.300 mW.

Unha vez publicado o concurso, a actividade nas empresas que optan a ser concesionarias dos megavatios debería ser frenética. Pola contra, o que parece é que non vai ter tantas noivas coma o anterior concurso da Xunta do bipartito.

O porqué desta situación podémolo atopar nos movementos do Ministerio de Industria que leva uns días lanzando misivas para alertar ao sector sobre a rebaixa de primas, e a reestruturación do mercado eléctrico.
E ben sabido que con incerteza lexislativa e económica, os inversores non poden ver atractivo o vento galego.

De tódolos xeitos si hai empresas que van apostar por facerse con cupo dentro desta convocatoria, é o caso de Banco Pastor, que acaba de montar tres novas sociedades eólicas “Pastor Privada Eólica 1, 2 e 3”. O obxectivo destas sociedades é o de formar parte do concurso, non sabemos se en solitario, ou en compaña de Gas Natural, Ventogenera ou Alen Ingeniería. Tal e como fixeran na convocatoria do bipartito.

Desta nova faise unha pormenorizada análise en Xornal.

De tódolos xeitos a incerteza do marco económico vai ser decisiva para o éxito da convocatoria, se comparamos o que se cobra en España con respecto ao resto da UE, pola produción eólica, veremos que somos un dos países onde as primas son máis baratas, xunto con Portugal.


Onte mesmo facíase un moi bo análise do tema en El Correo Gallego.


Agardemos que a política do ministerio sexa o suficientemente responsable para non levar á bancarrota un sector que xa está seriamente tocado.


lunes, 12 de abril de 2010

De timos, fotovoltaica, primas e primos

Sae onte na prensa unha nova incrible “HUERTOS SOLARES QUE PRODUCEN POR LA NOCHE”.
Dende logo o titular no é máis que para chamar a atención do lector. Dentro do artigo desgranase un asunto de moito interese.

Resulta que unha serie de desaprensivos, segundo fontes do Ministerio de Industria, conecta xeradores de gasóleo ás súas instalacións fotovoltaicas para vender a enerxía á rede, sempre cobrando a prima correspondente.

Os datos que se dan nas novas son de escándalo. 4.500 MWh foron producidos por hortas solares entre as 00:00 horas e as 7:00 horas, máis outros 1.500 MWh entre as 19:00 e as 23:00 horas. O obxectivo non é outro que cobrar os 436 €/MW que de media se pagou a esta tecnoloxía no ano 2009.

Segundo a Comisión Nacional da Enerxía , “Isto é so a punta do Iceberg”, expresión que se apoia no alto porcentaxe de inspeccións que no ano pasado, esta entidade pública adicou ao sector fotovoltaico. De feito de 3.154 inspeccións totais, 2.019 corresponderon a este sector das renovables.
A Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF), saíu ao paso desta información para pedir rigor e xustiza contra esta serie de desaprensivos. Outro tipo de asociacións como a APPA, tamén se pronunciaron na mesma liña.


Vista a nova, e vistos os datos, convén facer unha serie de reflexións:
  • Segundo os datos do ministerio o fraude é de 6.000 Mwh, nun período de 11 horas, o que da un resultado de potencia instala de 1,5 MW, é dicir, que practicamente foi unha sola horta a que cometeu o fraude.
  • Que empresario é tan lelo que deica o xerador de gasóleo toda a noite acendido?. De feito os contadores bidireccionais que se instalan nestas hortas, almacenan series de datos que devolven, ben a traveso do display, ou ben por telexestión. No é moi intelixente deixar o xerador acendido cando sabes que se vai enterar todo o mundo.
  • As inspección que levou a cabo a CNE, tiñan por obxecto detectar os fraudes que se produciron por unha mala disposición do RD 436/2007. Por tanto non ten moito sentido facer referencia á “puntas de iceberg”, cando se fala de fraude nas instalacións.. De feito, foi o propio sector que pediu que se levasen a cabo estas inspeccións, para desterrar do mesmo a especulación do chan.
  • É curioso que coincida esta nova, cos rumores que apuntan cara a baixada das primas á produción con enerxía fotovoltaica. Máis ben parece un xeito de estender cortinas de fume que, unha vez máis van a destruír un sector das renovables.

Todo isto non é máis ca outro golpe de timón do goberno central, para levar a auga cara o muíño das grandes eléctricas, e de paso eliminar o problema de ter que seguir dando primas a unha enerxía limpa.
A enerxía fotovoltaica é unha oportunidade de socializar a produción de electricidade, de diversificar a produción e de crear redes de distribución descentralizadas.
Neste momento, estamos ante un punto de madureza tecnolóxica, que fai que esta tecnoloxía sexa un pouco máis competitiva, pero aínda no é capaz de andar por si soa. Precisa da axuda das primas, para que a fagan atractiva aos inversores, e este feito redunde en novos avances tecnolóxicos que a fagan rendible por si soa.
Este mesmo camiño foi o que recorreu hai ben poucos anos a eólica.

Agardemos que Ministerio e promotores e poñan a consensuar posturas que redunden nun desenrolo economicamente sostible para esta tecnoloxía, que se desterren aos timadores e que se nos deixe de tomar a todos por primos.

lunes, 5 de abril de 2010

A xunta saca a concurso 2325 MW eólicos


Despois de moito agardar por esta nova, por fin chega. Hoxe podemos dicir que se achegan novos ventos ao sector eólico galego.

O Diario Oficial de Galicia, publicou o pasado mércores a licitación pública de 2.325 megavatios eólicos. Esta licitación estará aberta a presentación dende o vindeiro 19 de abril, ata o 19 de xuño.

Logo da derrogación do decreto eólico que o bipartito quixo sacar cara o fin da lexislatura pasada, o sector eólico, que xa viña dando signos de parólese, entrou nunha espiral de destrución de postos de traballo e deslocalización das inversións.
Con este novo decreto, pretendese reactivar un sector agonizante, que xa perdeu máis de 4.000 postos de traballo.

A primeira vista, podemos observar as características máis importantes este decreto. Principalmente defínese por partir do antigo plan sectorial eólico de Galicia, conservando as anteriores áreas de desenvolvemento eólico, ampliándoas nalgún caso, e reducíndoas noutros.

Non permite que se lle adxudiquen a unha mesma empresa máis de 350 megavatios, aínda que se o plan industrial que leva asociado a concesión, o fai de interese , pódese facer excepcións.

Os criterios de selección do plan industrial son moi variados, centrándose na creación de emprego e na fixación da poboación dentro dos concellos onde se instalen os novos aeroxeradores. Cabe sinalar que a xeito de valoración da comisión que se creará para resolver este concurso, introdúcese un indicador de importancia, o €/MW, isto é, cantos euros se inverten no plan industrial, en función dos MW que se lle adxudiquen á empresa licitadora. Sen dúbida este indicador axudará a axilizar as concesións, e a “redondear” cifras.

Tamén se da un paso máis na administración electrónica, obrigando aos licitadores a facer un rexistro electrónico, dispoñible dende o vindeiro 19 de abril. Os formularios estarán dispoñibles na seguinte ligazón: Consellería de economía e industria.

Por último unha característica, non menos importante, é que reserva 200 megavatios para repotenciar parques antigos, primando a redución de máquinas en parques vellos.

É posible que unha das eivas que se ven a priori, sexa o ter que avalar con 20.000€ por megavatio solicitado ( cun límite de 7.000.000€). Tal é como están as cousas no sector financeiro, este termo pode supor unha eiva para que pequenos e medianos promotores accedan ao concurso.

Se os prazos se cumpren, a remates de ano teremos as concesións definitivas. Vendo o stock de material que hai nos montes e polígonos do país, podemos aventurar que de hoxe nun ano estaremos escavando as primeiras zapatas deste novo concurso.

Pódese descargar a disposición publicada no DOG, na seguinte ligazón: Concurso 2.325 MW eólicos

viernes, 19 de marzo de 2010

Enerxía eólica mariña, por imposición

Hoxe almorzamos cunha nova inquietante que viña en El Pais, o governo central prepara unha convocatoria para licitar 5.000 megavats eólicos mariños.

Ata aquí nada novo, o que si é preocupante, e que parte deses megavats, vaian caer na nosa costa.
Cedeira, Foz e Muros son tres concellos que, de seguir adiante o proxecto do ministerio de Sebastian, verán a súa liña de mar ocupada por máquinas eólicas.

Sen entrar a valorar se este tipo de enerxía, e positivo para o noso pais ou non, temos que ter en conta que no parlamento de Galicia houbo un rexeitamento unánime aos parques eólicos mariños. Por tanto, esta decisión do Ministerio de Industria asobaia o calqeura xeito de expresión democrática do pobo galego por medio dos seus órganos de representación.

O Goberno central é o competente para autorizar este tipo de instalacións, pero a súa tramitación choca co rexeitamento que os parques eólicos mariños xeran no PPdeG, PSdeG e Bloque. Fai apenas un ano, os tres partidos aprobaron unha resolución no Parlamento galego na que se opoñían a situar estas plataformas mariñas fronte ao litoral da comunidade.

Gas Natural e Norvento son dous dos grupos interesados en impulsar este tipo de instalacións de xeración enerxética. Eufer, a filial de Gas Natural e Unión Fenosa dedicada a enerxías renovables, reactivou as dúas compañías creadas para desenvolver este tipo de enerxía en Galicia e trasladou o seu domicilio á Coruña.

De pouco serviu a contundencia expresada no Parlamento por todos os grupos fai agora case un ano para rexeitar as instalación de parques eólicos mariños na costa galega. Polo menos, á luz dos plans do Ministerio de Industria e dos pasos que seguen os grandes grupos enerxéticos. O último deuno Eufer, a filial de Gas Natural e Unión Fenosa dedicada a enerxías renovables. As empresas creadas pola compañía para desenvolver este tipo de enerxía en Galicia, Punta de Lens Eólica Mariña e Punta das Olas Eólica Mariña, pasaron a estar englobadas integramente na órbita do grupo presidido por Salvador Gabarró, tras desvincular delas aos promotores que inicialmente levaron a cabo os estudos preliminares, a través da consultora madrileña Besel. De acordo con datos do Rexistro Mercantil, ambas filiales reactívanse e pasan agora a ter o seu domicilio na Coruña. Outro dos principais grupos enerxéticos galego, a lucense Norvento, tamén realizou prospeccións en catro áreas.

De acordo cun estudo da propia Eufer, o grupo "ratificou" o desenvolvemento de seis proxectos de parques eólicos mariños nas costas españolas ao abrigo do real decreto que regula este tipo de actividade, que data de 2007, e realizou os pertinentes estudos de caracterización "" (algo similar ás prospeccións no sector petrolífero) para situar os seus parques. Tamén realizou estudos técnicos sobre a estimación da produción e a potencia eólica a desenvolver en cada zona investigada e a dispoñibilidade da mellor tecnoloxía do mercado. O grupo, ademais, levou a cabo contactos con fabricantes de aeroxeradores co fin, segundo o mesmo informe, de desenvolver sinerxias nos proxectos.

A lucense Norvento tamén confirma que elaborou estudos por áreas na costa galega e ten presentado os seus proxectos ao ministerio, pero fontes do grupo aclaran "que este tipo de enerxía non é unha prioridade nestes momentos".

Dende Gas Natural limítanse a sinalar que a compañía "realizou proxectos de tecnoloxía eólica mariña en varios emprazamentos en España, pero a súa realización está suxeita ás concursos e regulacións que o futuro establezan os ministerios de Industria e de Medio Rural e Mariño".

Tres son as zonas máis avanzadas en canto a estudos realizados polas empresas na costa galega. Si nun principio o Ministerio de Industria trazou un mapa coas potencialidades de cada zona, o que levantou a polémica, os promotores deste tipo de enerxía deron os seus pasos e, seguindo os tempos marcados desde o Goberno, estableceron as áreas susceptibles de desenvolverse. Na costa lucense, entre cinco e sete millas ao norte de Foz, atópase un dos enclaves, mentres que os outros dous repártense entre a fronte marítimo comprendido entre Cedeira e Valdoviño, e saída de ría de Muros, na zona coñecida como Baixo dúas Meixidos. Así consta nos expedientes que tramita o departamento que dirixe Miguel Sebastián. Ningunha das empresas inmersas nos proxectos quere revelar as ubicacións exactas que estuda.

O procedemento administrativo para a tramitación de parques eólicos deu lugar á división do litoral español en 72 áreas eólicas mariñas. Unicamente nove zonas foron ratificadas por promotores, para as que hai unha trintena de solicitudes. Entre elas están as tres da costa galega. Sobre cada unha destas áreas o ministerio emitirá un documento de caracterización, que recompila unha serie de informes emitidos polas institucións afectadas pola instalación do parque eólico, os cales publicaranse conxuntamente xunto coa convocatoria do concurso.

As empresas miran a Madrid antes que a Santiago. É así como desde o Ministerio de Industria ultímase o novo Plan Enerxético 2011-2020, cuxo borrador xa foi enviado a Bruxelas. Segundo fontes do departamento que dirixe Miguel Sebastián, o plan estará aprobado na segunda metade do ano e prevé incorporar entre 4.000 e 5.000 megavatios de enerxía eólica mariña, practicamente o dobre da potencia que vai adxudicar a Xunta na nova convocatoria para parques eólicos terrestres, tras haber anulado a do bipartito.
Fonte: El Pais

domingo, 28 de febrero de 2010

O Inega pon en Marcha unha nova liña de subvencións para cambio de caldeiras e aire acondicionado.

As axudas do primeiro Plan Renove de Equipos de Climatización que a Consellería de Economía e Industria instrumenta a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), poderanse solicitar desde mañá, luns, 1 de marzo e ata o 30 de xuño, ou ata esgotarse os fondos dispoñibles. Con esta nova liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética nos fogares galegos, xa que este ano é a primeira vez que desenvolve esta campaña, preténdese reducir o consumo das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria, a través da substitución de equipos convencionais por equipos de alta eficiencia enerxética: caldeiras de condensación, equipos de climatización de clase A e bombas de calor de clase A.

Cuantía da axuda
 A contía da subvención ascenderá a un máximo de 45 €/kW da potencia nominal (en modo calefacción) da caldeira de condensación instalada co límite do 30% do seu custo. No caso de equipos de aire acondicionado e bombas de calor a contía máxima da axuda será de 150 euros/kW térmico, co límite do 30% do prezo de tarifa dos equipos.

Os beneficiarios das axudas poderán ser persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas en Galicia, usufrutuarios ou arrendatarios de vivendas, edificios de vivendas ou de edificios destinados a outros usos, que estean localizados en Galicia.

Obtención da axuda
O comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Equipos de Climatización e adquirirá o equipo obxecto da subvención. O instalador realizará a solicitude de fondos mediante a aplicación web www.inega.es/planrenoveclima2009, imprimirá o impreso de axuda e o comprador asinará a súa conformidade. A continuación o instalador realizará a obra e cobrará o imorte da factura co desconto da axuda establecida. Finalmente, o instalador remitirá toda a documentación ao Inega para o cobro da subvención.

Hai que ter en conta que tanto a caldeira que se escolla, coma os equipos de aire acondicionado, deben ser de clase enerxética A, e teñen que estar dentro do listado do Inega.

Nota:  non se subvenciona novas calefaccións, nin novos circuítos de climatización, so cambio de equipos. Caldeiras e bombas.

Más información

lunes, 22 de febrero de 2010

Concurso de fotografía eólica


A Asociación Empresarial Eólica, con motivo do Día Global do Vento, convoca o concurso fotográfico "Eolo 2010”

O certame está aberto a calquera persoa, profesional ou afeccionado que queira participar, sempre que non estea relacionado directamente nin co persoal da Asociación Empresarial Eólica nin con ningún dos membros do xurado.Terán cabida neste concurso todas as fotografías na que a temática estea relacionada, directa ou indirectamente, coa enerxía eólica.
As fotografías deberán enviarse ben por e-mail á dirección: eventos@aeeolica.org cun tamaño non superior a 2 MB ou ben nun CD á seguinte dirección postal: Concurso Fotográfico Asociación Empresarial Eólica - Serrano 143 28006 Madrid, indicando claramente: título da fotografía e datos do autor (nome e apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto e dirección de correo postal).
O prazo de presentación das fotografías rematará o 30 de abril.
Expoñerase unha selección das fotografías recibidas durante a celebración da Convención Eólica (15 e 16 de xuño), entregándose o premio á fotografía ganadora na Cea do Sector que se celebrará durante dita convención.
Para a exposición, a organización solicitará aos autores das fotografías finalistas o envío da imaxe en alta resolución para a súa reprodución. Entregarase un único premio que consistirá en 3.000 €.
O xurado do concurso “Eolo” estará formado por representantes da Asociación Empresarial Eólica, así como por profesionais da fotografía e do xornalismo ambiental. A decisión do xurado será inapelable.
O ganador do concurso coñecerase a través da páxina www.aeeolica.es o día 24 de maio.
Observacións

  • Só poderá presentarse unha fotografía por autor.
  • Os participantes terán responsabilidade sobre posibles reclamacións que se producisen por dereitos de imaxe e terceiros.
  • Non se aceptarán fotografías nas que se aplicou fotomontaxe e si se aceptarán con axustes de niveis (exposición, contraste, saturación, etc.).
  • AEE resérvase o dereito a divulgar libremente e por calquera medio ou soporte as fotografías que sexan remitidas para a participación no concurso. Neste caso, identificará ao autor da mesma e ao premio.
  • O envío de fotografías ao concurso supón a total aceptación das bases do mesmo por parte do autor.

Ligazón de interese:
Asociación Empresarial Eólica

viernes, 19 de febrero de 2010

A Xunta dá luz verde ao Cluster da Xeotermia

A Consellería de economía e Industria trasladou onte ao Consello da Xunta o informe refire ao impulso da Asociación dá Xeotermia Cluster Galega (Acluxega), un colectivo que foi fundado co obxectivo de facer Galicia, "unha referencia nacional no ámbito da enerxías renovábeis” e para promover a I + D en empresas asociadas e axentes que converxen no sector.

O goberno autónomo quere, e demostrar o seu firme compromiso "coa promoción da enerxía xeotérmica en Galicia, que se produce a partir da calor interior da Terra que ten" vantaxes "sobre outros recursos renovables, posto que o seu uso "non ten case ningún impacto ambiental", dixo a Xunta.

Os obxectivos son promover e contribuír á competitividade do sector, a traballar coas institucións para o desenvolvemento desta fonte de enerxía, promover a conciencia eo interese no desenvolvemento da enerxía xeotérmica ou apoiar e impulsar I + D nas empresas e outros actores que converxen no sector.

Así, a Xunta traballa para "promover e apoiar" iniciativas de colaboración que teñen lugar entre as empresas, co obxectivo de "completar os seus puntos fortes e apuntalar" a súa posición internacional, ademais de acadar un terreo fácil para que as empresas poidan innovar.
Cabe destacar que como centro tecnolóxico de Acluxega, vai actuar EnergyLab que conta entre os seus socios coas tres universidades galegas, Gas Natural, Unión Fenosa e Finsa, e coa participación activa da Área de Máquinas e Motores Térmicos da Universidade de Vigo.

Máis información:
Xornal de Galicia

jueves, 18 de febrero de 2010

Fotovoltaica a ritmo de chotis

Nas pasadas semanas vivimos con expectación as novas que chegaban dende o sector fotovoltaico.
E abofé que non foron poucas, houbo un gran revuelo, e dende os gabinetes de prensa no se fixo máis que publicar notas de prensa, que non deixaban de ser máis que unha declaración de intencións.


Os actores da película, eran os mesmos de sempre. Por un lado a administración pública, en figura do ministro de industria, Miguel Sebastian. Polo lado da industria, as asociacións de sempre. ASIF, APPA, e AEF. No terceiro acto da función, apareceu coma sempre, o lobby dos todopoderosos “Nuclearatodacosta”, “mejorgasqueeolica”, “elpetroleomemola” etc.
Estes últimos aproveitan o río revolto, para sementar confusión sobre da orixe das primas ao sector, e da conveniencia das tecnoloxías renovables.

A verdade e que despois de botar un bo anaco de tempo, lendo comunicados dun e doutro lado, as conclusións son vagas e difusas.
Máis parece que todo é unha estratexia do Ministerio de Industria, que anda na procura dunha parella de baile estable para reformular a lexislación (e as primas) do sector.
Nese estraño baile, os dous compoñentes da parella, terían que dar os seus pasos sen saírse da baldosa, como se dun chotis se tratase.
Saírse da baldosa, podería supor, ou quedar cun marco regulamentario penoso, ou cunha presión mediatica forte, que pode custar votos e credibilidade.

Sorprende que, despois de pasados unhos días, a nova que hoxe chega aos medios e que Miguel Sebastián xa ten parella de baile, e polo que parece vai ser estable, e con bo paso.

As tres asociacións sectoriais, fan fronte común para chegar a unha saída negociada a crítica situación actual do sector.

Congratulámonos pois de que, aínda que tarde, a situación se empece a endereitar, e que empresarios, fabricantes e promotores, poñan da súa parte para que voltemos a ver un sector fotovoltaico en plena actividade.

Máis información:
Las fotovoltaicas exigen negociar con Industria la bajada de primas

Gas Natural, Unión Fenosa, eólica e unha prima de Murcia

Asistimos onte á presentación dos resultados empresariais do terceiro grupo enerxético do estado Español, "Gas Natural _ Unión Fenosa".




Os resultados non poden ser máis satisfactorios, xa que no actual contexto económico, a electro-gasista acadou un 13.1% de suba.
Moi interesante, pensando que para o vindeiro exercicio a presión é aínda maior.

O coselleiro delegado da compañía, Rafael Villaseca, aprobeitou o acto para lembrarlle ao goberno da Xunta, qeu non vai haber inversións en Galicia, se a súa empresa non se ve agraciada con moitos megavatios nos vindeiros concursos eólicos.

Acto seguido, Villaseca arremeteu contra das primas ao sector eólico e fotovoltáico.

Non se lle vai pedir coherencia, a alguén que solo pensa no carto, pero este señor podía ser un pouco máis comedido á hora de facer manifestacións en público. Se tan en desacordo está coas primas ás renovables, ¿Como é que condiciona a inversión na nosa terra, á obtención destas?.

Xa sabemos que o feito de te que aturar os ciclos combinados, non é un prato de bon gusto. Para mostra de como está o mercado da producción eólica con gas, cabe sinalar que  Gas Natural - Unión Fenosa, leva máis dun ano para vender o ciclo combinado que ten en Sabón (A Coruña) e non hai que  o queira.
Será este o primeiro paso para pedir primas para os ciclos combinados?

Tempo ao tempo.

Información relaccionada:

miércoles, 3 de febrero de 2010

Unha planta de biomasa para As Pontes

Estes días vemos que na prensa seria, están a sair novas relaccionadas cunha hipotética instalación dunha planta de biomasa nas Pontes.

Esta instalación, promovida por Ence, esta englobada dentro do plan de aproveitamento da biomasa forestal primaria, elaborado pola Xunta de Galicia.
Dentro deste plan, contemplabase a creación de sete plantas de xeración eléctrica, noutras tantas áreas de interese.



Cada unha destas plantas non pode ter unha potencia superior a 10 MW, e estás obrigadas a queimar biomasa forestal primaria. (restos de corta, podas, etc).

Ence presentou a súa plica para construír unha destas plantas nas Pontes, concello enmarcado dentro da área 2.
O concello de As Pontes presenta unhas condicións inmellorables para este tipo de instalacións. Ten a evacuación da enerxía eléctrica garantida, ten solo industrial dispoñible, e ten bos accesos por estrada.

O problema que vexo neste caso é o de asegurar o recurso, e dicir, garantir que a planta vai ter suficiente cantidade de biomasa para traballar un número de horas suficientemente rendible.
Este problema agravase, tendo en conta a "competencia" que ten dentro da comarca unha instalación deste tipo. Sin ir máis lonxe, no veciño concello de San Sadurniño, o Grupo Tojeiro ten unha fabrica de taboeiro (Intasa), que tamén conta cunha caldeira de biomasa.
Actualmente tamen se está a montar no polígono de Penapurreira, unha fábrica de pellets (Biomasa Forestal SL).
Tamén hai que engadir outra planta similar, que xa estaba en proxecto antes de que salise o presente plan, e que está outorgada en favor de Iberdrola, e que en principio se ía a instalar nas Somozas:
Todos estes factores, pode influir para que a decisión da xunta sexa en sentido negativo.

Si nos temos que congratular que, tando dende o concello, coma dende circulos empresariais e sociais, estase a facer toda a presión posible para que esta planta sexa unha realidade.

Temos que lembrar que unha instalación deste tipo crea unhos 10 postos de traballo directo, e unhos 30 indirectos, que coa que está caendo, non ven nada mal para a comarca do Eume.

Información relaccionada: