jueves, 13 de octubre de 2016

18 Segundos. Futuro incerto.

18 segundos. Algo menos que o que dura unha carreira de 200 metros. É o que tarda en lerse este parágrafo e o seguinte. Pois ese tempo é o que vai ter a gran industria española na poxa de interrumpibilidade para poder conseguir levar un bloque de 90 MW ou un de 5 MW.



Así de complexas púxolles as cousas o secretario de Estado de Enerxía, Alberto Nadal, a empresas da talla de Alcoa, Asturiana de Zinc, Ferroatlántica, Arcelor e Celsa, as cinco grandes compañías que loitarán polos bloques de 90 MW na próxima poxa de interrumpibilidade.


Na devandita resolución o Ministerio pegou un recorte sen previo aviso ao prezo de saída da poxa. Concretamente, reduciu o prezo de saída dos bloques de 90 MW en 30.000 euros por MW. Pasou de 340.000 a 310.000 euros por MW. Así, polo pronto, o recorte é de 2,7 millóns por cada bloque.

No caso dos bloques de 5 MW, a contía que baixa é maior. Uns 40.000 euros por MW, pasando de 200.000 euros a 160.000 euros por MW. Un recorte por bloque do 20%.

Pero, por que falamos de 18 segundos para gañar 25 millóns? É o tempo que o axente de cada planta industrial que loita por levar a poxa ten para poder lograr o mesmo prezo que na poxa do ano pasado.

Vaiamos por partes. O sistema de poxa di que o chanzo de baixada de prezo será de 1.000 ?/MW. Pero o que se descoñece é o verdadeiro formato da poxa. Cando se vai a iniciar a poxa, os axentes colócanse nunhas cabinas individuais onde teñen un botón que só se utiliza no caso de non seguir estando na mesma. É dicir, cando cree que o prezo xa é demasiado baixo. Ao final o que non pulsa é o que leva o bloque.

Xa de seu o sistema é bastante tenso. Pero agora vén o bo. Desde que se inicia a poxa, cada segundo baixa o prezo os 1.000 euros por MW que di a norma. Por iso, agora as empresas terán aproximadamente uns 18 segundos para decidirse por seguir ou non na poxa, se queren obter o prezo medio por MW que se obtivo na anterior poxa.

Na poxa para o exercicio de 2016, o prezo dos bloques de 90 MW foi de 292.000 euros por MW. É dicir, 18.000 euros menos que o prezo de saída que acaba de pór sobre a mesa o Ministerio de Industria. A 1.000 euros por segundo, saen os 18 segundos. O ano pasado, polo menos tiveron 30 segundos máis, pasaron 48 ata que se decidiron por saírse da poxa.

Se este tempo de 48 segundos levase á próxima poxa o prezo sería tan baixo que sería de só 262.000 euros por MW. O caso é que en 18 segundos xóganse todo o ano 2017. En 18 segundos gañan 25-26 millóns de euros por bloque de 90 MW. A presión é máxima para a gran industria, que seguramente se quedou de pedra ao ler a resolución e vexa como o Ministerio lles pon pedras no seu camiño.

Pois todo isto tamén lle sucederá ao resto de industrias, a papeleira, a química, a cerámica, etc, que acoden á poxa para levar os seus correspondentes bloques de 5 MW. O tempo redúceselles tamén bastante. Neste caso, para obter os 135.000 euros por MW de 2016 só poderán deixar pasar 25 segundos.

Con todo iso, o próximo 14 de novembro dáse inicio á poxa á que terán que ir ben preparados os axentes das compañías, con varias estratexias no peto porque non serán o mesmo as primeiras poxas que as últimas, os prezos serán distintos. E neste caso, xa se sabe, mellor non quedar fóra. E se non que llo digan a Alcoa.

A tensión será máxima como a que se vive nunha ruleta rusa. 



Por certo, o tope máximo que vai comprar Rede Eléctrica é o fixado de 550 millóns de euros. O ano pasado deixárono en 502 millóns. Se finalmente póxanse o mesmo número de bloques (8 de 90 MW e máis de 400 de 5 MW) será difícil que se alcancen os 500 millóns. Iso que se aforra o consumidor. Pero ollo, que ao reducir tanto o prezo de saída, agora poderíase dar máis cabida a novos bloques na oferta. Pero para iso haberá que esperar a que se publique a resolución.

Un xeito máis de provocar a deslocalización do sector industrial do estado. Un xeito máis de facer "Marca España"

viernes, 16 de septiembre de 2016

Muras Mon Amour

Moi coñecida esa frase, referida aos concellos, de que son “a administración máis achegada á xente”, polo que son, ou deben de ser a primeira liña da loita dos servizos sociais. A punta de lanza que ten que dar a primeira resposta sobre as necesidades da veciñanza.

A miúdo isto non se cumpre, e vemos casos de desleixo, de desamparo, de falta de compromiso, ou de exceso de burocracia, que provocan que non se cubran as necesidade básicas das persoas ou servizos que a administración debe de soportar.
Do medio da faldra do Xistral, xorde un exemplo de compromiso político, dende o concello, coa súa veciñanza.

Muras, un concello de menos de 700 habitantes, ven de aprobar unha ordenanza revolucionaria.
Axuda ao pagamento da factura da luz a todos os veciños e veciñas






O goberno municipal do BNG, ven de artellar as bases para que a veciñanza de Muras poida ter un apoio dende o concello para pagar a factura da luz.

“Se nos montes de Muras temos case 400 aeroxeradores, dalgunha maneira ten que reverter no conxunto das veciñas e veciños”. Esta é un dos motivos que o alcalde do BNG, Manuel Requeijo, esgrime para facer ver cal é o espírito desta ordenanza.

As bases desta axuda contemplan tramos que van dende 200€ ata 500€ ao ano, segundo o nivel de renda da familia que solicite.
Tamén se contempla axudas para o comercio, e a pequena industria.
Para evitar que, o abaratamento do recibo, provoque un incremento do consumo, tamén se establecen límites para o mesmo.

Ao marxe de ser unha axuda económica directa sobre o consumo enerxético; esta medida tamén pretende ser un antídoto contra a pobreza enerxética, incidindo con máis intensidade naqueles casos que máis o precisan.
Tamén é un activo para que Muras se converta nun polo de atracción para futuros veciños, co que se pretende aumentar o censo, de xeito directo ou indirecto.
Pero tamén é un incentivo á economía local de proximidade, permitindo aos pequenos e medianos comerciantes, ter un alivio na súa conta anual, o cal de seguro axuda a non pechar comercios, nunha área onde as grandes superficies non teñen implantación.... nin se agarda por elas.

En definitiva, unha excelente iniciativa, dun goberno do BNG ao que non lle tremou o pulso á hora de enfrontarse ao lobi enerxético. Que permite visualizar practicamente as ferramentas que se precisan para construír país.
Valente exemplo de xestión, e bo facer, práctica directa que conecta coa iniciativa política do partido do grupo de goberno, que no seu programa electoral conta cunha proposta de “Tarifa Eléctrica Galega”.

Agardemos que non se trate dun caso illado, e que este exemplo se replique no resto dos concellos da nosa terra.

Dende este blogue, queremos felicitar publicamente ao grupo de goberno do concello de Muras.

Para descargar a ordenanza pica acó
Para ver os anexos das bases pica acó



jueves, 23 de junio de 2016

Subida do recibo eléctrico, con carácter retroactivo

Fai tempo que non escribo neste medio, non por non ter que contar, senón porque fai falla acertar co enfoque para contalo. E eu de habilidades comunicativas, ando moi xusto.

O tema que nos ocupa hoxe, é moi recorrente, pero non por isto falto de actualidade.

Unha vez mais, e xa van moitas, o lobbi enerxético impón os seus criterios, por diante do interese común.

Imos poñer tódolos datos en perspectiva, para ter unha mellor visión da problemática.

Os consumidores que contan cunha potencia contratada inferior a 10 kW, teñen dereito a acollerse á tarifa regulada polo estado. Nomeada Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC).

Dentro desta tarifa, o prezo da enerxía consumida págase ao prezo do mercado Pool, e o custe da potencia contratada componse das peaxes de acceso, e dun marxe comercial de € por kW contratado e ano.

Este marxe comercial, que para un consumidor medio supón ao redor de 16 € ano ano, que segundo as empresas comercializadoras de referencia (as 5 grandes) é insuficiente para sufragar os custes de comercialización.

Pois ben, o Tribunal Supremo, ven de sentenciar, o pasado 30 , a favor da demanda de Iberdrola e Gas natural Fenosa, de ampliar este marxe comercial.

O Tribunal Supremo tomou a decisión baseando se nun informe da Comisión Nacional Dos Mercados e a Competencia (CNMC), informe que se pode descargar dende esta ligazón: 


Canto temos que pagar?

Segundo o informe da CNMC, os consumidores que pagaban 4 € por kW contratado e ano, pasarán a pagar 5,24 €, o que aplicado ao exemplo anterior, supón 20,96€ anuais, ou un incremento de case 5 €, que en porcentaxes sería un 31%.

Para o caso dos clientes con discriminación horaria, o incremento é lixeiramente inferior.

Dende cando se vai aplicar?

Se facemos caso ao que di a sentenza, esta será retroactiva dende o 1 de abril do ano 2014, o que supón 27 mensualidades, 2,79€ por kW e ano. Voltando ao exemplo serían 11,16€.

O que non sabemos, de momento, é como se vai pagar, en cantas mensualidades se aplicará, porque quen o ten que decidir finalmente, é o Consello de Ministros.

Namentres esteamos facendo a dixestión das sardiñas e o licor café, das cacheiradas de San Xoán, o Consello de Ministros en funcións, decidirá como vai aplicar esta sentenza, no referente aos prazos e porcentaxes.

Previsiblemente a decisión final, será publicada no Boletín Oficial do Estado do vindeiro sábado 25.

Algo mais?

Pois si. A sentenza deixa aberta a posibilidade de que as comercializadoras de mercado libre, cobre polos seus custes de comercialización, que segundo o estudo da CNMC serías 56€ por consumidor.

Neste punto, e sen coñecer a resolución final do Ministerio, non se pode facer unha valoración completa. Pero parece ilóxico que , nun mercado liberalizado, nunha economía capitalista, empresas que queren captar clientes, reciban unha compensación por este feito.

Isto ven a ser o mesmo ca se cando imos comprar unha camisa, nos cobrasen un plus por ter o comercio aberto.

De futuro

Observando a evolución dos mercados, especialmente do intradiario, e tendo como referencia o prezo dos combustíbeis fósiles, non é difícil de augurar unha alza nos prezos da enerxía eléctrica no estado.

Tamén cabe sinalar que, actualmente os prezos da enerxía están por debaixo do ano 2011. Sen dúbida pola influencia que a enerxía eólica e hidráulica teñen no Pool.




jueves, 8 de octubre de 2015

Nova versión do borrador sobre o autoconsumo enerxético

O goberno do Partido Popular, case entrando no tempo en funcións, quere deixar atado, e ben atado o tema do autoconsumo enerxético.

Nova versión do Real Decreto

Unha nova versión do borrador do Real Decreto de autoconsumo eléctrico, á que tivo acceso elEconomista.es, impide explicitamente o autoconsumo compartido, é dicir, a posibilidade de que varios consumidores, como unha comunidade de veciños ou as empresas dun polígono industrial, fagan autoconsumo coa mesma instalación de xeración. Descárguese aquí o borrador de Real Decreto de autoconsumo eléctrico.

Poucos cambios sufriu o texto da futura norma tras saír do Consello de Estado. A actual redacción, que o Consello de Ministros pode aprobar nas próximas semanas, afina detalles, como establecer as peaxes que os autoconsumidores deberán abonar o ano que vén, pero apenas inclúe novos elementos relevantes:

O máis rechamante é a prohibición explícita de que varios consumidores, como os veciños dun edificio ou dunha urbanización, fagan autoconsumo cunha mesma instalación: "En ningún caso un xerador poderase conectar á rede interior de varios consumidores", reza o novo texto.

O autoconsumo compartido é unha modalidade que xa existe en California. Ten a vantaxe de que, ao sumar as necesidades dos distintos partícipes, é practicamente imposible que se produza máis enerxía da demandada instantaneamente, co que non hai inxección de excedentes ás redes eléctricas.

Se hai moita xeración distribuída e os eventuais excedentes do autoconsumo non se consumen localmente, evacuanse polas redes augas arriba.

Compartir as instalacións é a modalidade que máis incrementa a eficiencia enerxética e a máis indicada para loitar contra a pobreza enerxética, e moi axeitada para lugares de dispersión coma Galiza.

Provisional 'Imposto ao sol'

Outro dos cambios é a posibilidade de eliminar a exención do chamado imposto ao sol -pagar pola enerxía autoconsumida- ás instalacións menores de 10kW, propias dos fogares.
Aínda así, o borrador prima o defecto de inxección de enerxía á rede xa que o imposto ao sol será de aplicación se se produce "un crecemento do autoconsumo en relación á demanda ou un impacto sobre os custos do sistema significativo".

Entendo que a anterior frase subliñada, quere dicir que, aínda que teñas autoconsumo, temos que seguir consumindo o mesmo da rede exterior, a pesares de ter ao noso dispor a enerxía dunha fonte renovable, se non queremos pagar imposto.

Industria non se atreve a predicir o grao de éxito que terá o autoconsumo, porque depende de numerosos factores. Considera "ambicioso" que no prazo de tres anos, a razón de 100.000 autoconsumidores por ano, chégueno a ser o 1% dos 29 millóns de consumidores actuais.


Non parece que teñamos motivos para estar contentos